DENIP: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (MATERIAL PARA TRABALLAR NA CASA)

Hoxe conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, defensor dos dereitos dos indios que foi asesinado a tiros por un hinduista o 30 de xaneiro de 1948. Destacar deste gran personaxe a súa loita contra a discriminación dos seus compatriotas, defendeu a independencia da India, loitou contra a guerra mundial...

Destacamos dende o noso equipo, tres grandes frases que nos servirán hoxe de recordo: "Ollo por ollo e todo o mundo quedará cego", "Non hai camiño cara a paz, a paz é o camiño" e "A humanidade non pode liberarse da violencia máis que por medio da non violencia"

Aquí vos deixamos a continuación unha serie de actividades para que traballades cos vos nenos/as este día tan especial: marcapáxinas, chapas conmemorativas desta data e un resumo dos dereitos e deberes dos nenos/as (aproveitando imaxes e información da asociación save the children para a cal hoxe vimos de realizar a magnífica carreira solidaria.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer