O SAMAÍN NO COLE DE ATIOS

 

A pasada semana celebramos o Samaín no cole cun concurso de cabazas. Se queredes velas, xa están colgadas na nosa galería de fotos.

Noraboa a todos os participantes, son todas moi orixinais e traballadas.

REUNIÓN INFORMATIVA ALUMNOS/AS DE 3 ANOS CURSO 2011/12

O próximo martes 28 de xuño, as 16:30h, o equipo de educación infantil do centro manterá unha reunión informativa con todos os pais/nais dos alumnos/as de 3 anos que se incorporan ,ás aulas o vindeiro curso 2011/12. O lugar da reunión será a biblioteca do colexio, esperamos a vosa asistencia.

XOGOS POPULARES EN BUDIÑO

Gran día de diversión coñecendo novos amigos no colexio de Budiño.

Recopilación de xogos populares

Celebración dos maios e do día das letras galegas

Visita o muiño da Torre

05/26/2011 10:00
05/26/2011 12:00
Etc/GMT+1

O próximo día 26 de maio, os alumnos de 6º de Ed. Primaria realizarán unha visita ao muiño da Torre. Aproveitando as posibilidades da contorna poderán coñecer un muiño, ademáis irá acompañado dunha explicación sobre o seu funcionamento dada polo seu dono. O percorrido ata o muiño realizarase a pé dende o colexio, polo que terán que vir con roupa axeitada. 

Taller de froita

05/26/2011 11:00
05/26/2011 12:00
Etc/GMT+1

O próximo día 26 de maio os alumnos de 3º de Ed. Primarias participarán nun taller de froita de temporada, no propio centro.Consiste nunha breve explicación da importancia da froita para a nosa alimentación así coma as súas propiedades e a continuación unha degustación das mesmas.

LISTADO DEFINITIVO ALUMNOS/AS ADMITIDOS CURSO 2011-2012

No arquivo adxunto se publican a relación definitiva de alumnado admitido e non admitido polo consello escolar, na súa reunión do día 10 de maio,para o vindeiro curso. Contra esta resolución, e de acordo co artigo 50 da orde 17 marzo de 2007, poderase presentar recurso de alzada ante o xefe territorial da delegación da consellería de educación no prazo dun mes a contar do día seguinte da reunión do consello escolar.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer