CORRELINGUA 2013: A CHAVE DO MUNDO (SEMANA CULTURAL)

     Non vos perdades a última saída dos nenos/as do cole ata o Rosal vila na que se celebrou a última edición do Correlingua co lema O GALEGO A CHAVE DO MUNDO.

ENLACE AO BLOGUE

CONTAMOS UN CONTO?

      A semana cultural xa comezou a andar. Non vos perdades as novidades desta primeira actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto de primaria lles contaron uns contiños en galego aos máis pequenos do cole.

 

ENLACE AO BLOGUE DO EDLG

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2013

     Non vos perdades, no blogue de Dinamización, a publicación de todas as actividades que se nos presentan por diante na celebración das LETRAS GALEGAS 2013 no noso centro.

     Desexamos que as disfrutedes moito nenos/as!!!

ENLACE Á NOTICIA

CARTA DA PROFE JOSEFA

Moitísimas grazas a todos/as, compañeiros/as e alumnos/as, por facer que este fin de traxecto fose incriblemente máxico e inesquecible.

Levareivos sempre comigo nesta nova andaina!!

 

A profe Josefa


GRACIAS POR TODO JOSEFA, ATA SEMPRE!!!

     Queremos convidarvos que pasedes polo noso blogue para ver as sorpresas que lle prepararon os alumnos/as de 2º de primaria á súa profe Josefa no seu último día de profe.

ENLACE Á NOTICIA NO

BLOGUE DO EDLG

NON VOS PERDADES AS NOVAS ADQUISICIÓNS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos remitirvos unha vez máis ao noso blogue para que non vos perdades as novidades adquiridas este ano a través da editorial Kalandraka de cara ao vindeiro curso escolar. 

Disfrutade delas! Todos os libros atópanse expostos no 1º andar do noso cole na exposición das Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

ENLACE Á NOTICIA

SAÍDA DO SEGUNDO CICLO AO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA

No enlace do blogue de Dinamización atoparedes información sobre a saída que vén de realizar o alumnado de segundo ciclo no día de hoxe ao centro cultural de Novacaixagalicia en Vigo.

Non volo perdades:

ENLACE Á NOTICIA NO BLOGUE DO EDLG

ÚLTIMAS NOVAS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN

Dende este Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos adiantarvos algunhas novidades e sorpresas que nos agardan na inminente celebración da Semana Cultural das Letras Galegas 2013 adicadas nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño.

No seguinte enlace accederedes directamente ao blogue...

ENLACE AO BLOGUE DO

EQUIPO DE EDLG

Ata outra!

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA ESTREA BLOGUE!!

      

Dende o equipo de dinamización de lingua galega do CEIP plurilingüe de Atios, queremos darvos una gran noticia: temos un blogue!!! 

A partir de agora, todas as actividades que coordinemos dende este equipo, e todas as novas que queiramos dar a coñecer, serán publicadas no noso blogue. 

Aquí vos deixamos un enlace para que o poidades visitar cando o desexedes: pedrarosadeatios.blogspot.com 

Así mesmo, na páxina principal da web do noso centro, na barra lateral dereita, tedes un apartado cos blogues do noso cole, onde tamén atoparedes un enlace para acceder directamente. 

Desexamos que vos guste e que sexa de gran utilidade para toda a comunidade educativa. Agardamos os vosos comentarios e suxerencias.

 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE TAPÓNS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer