ENQUISA DO PLAN DE BENESTAR EMOCIONAL. PRAZO LÍMITE 24 DE MARZO

Estimados/as compañeiros/as,

A Consellería de Educación vén de publicar o Plan de Benestar emocional no portal educativo: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/benestar_emocional_2021.pdf

Este plan desenvolverase en varias fases, empezando por unha primeira de detección e acompañamento. Para poder coñecer cal é a situación neste aspecto da escola en xeral (familias, profesorado e persoal non docente), teredes disponible na aula virtual unha enquisa anónima, que poderedes cubrir accedendo á vosa sección correspondente.

É fundamental a participación e colaboración de todos/as vós, xa que será a única maneira de coñecer as vosas opinións. Opinións sinceras e fundamentais para seguir na procura de solucións que nos axuden a levar mellor a situación que estamos a vivir. 

Unha vez máis, grazas polas vosas opinións, a vosa colaboración e compromiso.