Esquema de temas
Presentación
A APLU (Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, adscrita á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda) é un organismo autonómico que desenvolve unha labor directamente relacionada co medio físico, en especial naquel menos urbanizado e merecedor de protección coa finalidade de recuperar o seu estado natural e orixinario.
Dita Axencia e o ProxectoTerra colaboran, propoñendo un proxecto lúdico-educativo para nenos e nenas relacionado co coñecemento do territorio de Galicia, desenvolvendo desde o curso 2019-2020 o proxecto EU SON INSPECTOR@ URBANÍSTIC@. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU.
O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio. Comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que o compoñen é fundamental para que as sociedades actual e futura realicen un uso responsable e sustentable do territorio.Vídeo da actividade "Eu son inspector urbanístico. Coida do territorio. Coida do teu" realizada durante o curso 2019/2020
Contidos
Contidos a traballar
A continuación podedes ver unha serie de vídeos que explican diferentes contidos, cunha serie de preguntas disparadoras para posteriormente realizar un debate na aula, con cada un dos vídeos.
Territorio
Explicación do territorio a través do material do Proxectoterra
Despois de ver o vídeo responde as seguintes preguntas:
- Que características ten o territorio galego?
- Que tipo de divisións administrativas ten a comunidade de Galicia?
- Que elementos contrúen o territorio?
- Que función teñen as infraestruturas no territorio?
Paisaxe
Valores da paisaxe
Despois de ver o vídeo, e apoiándote no catálogo das paisaxes de Galicia do visualizador de mapas da Xunta responde as seguintes preguntas:
- Que caractereriza unha paisaxe?
- Como definiriades a vosa paisaxe? Que características ten?
- Localizaches no vídeo a túa paisaxe? Que diferencia hai con outras vistas no vídeo.
- Cales son as áreas paisaxísticas de Galicia? Cal é a túa?
Ortofotos e planeamento
Empregade o visualizador de mapas de Xunta, e o de planeamento para analizar a contorna do voso centro e do voso concello.
- Que diferencias aprecidades entre as ortofotos máis antigas e as actuais?
- Ten o voso concello planeamento? Se é así, que zonas podedes apreciar?
- Que elementos patrimoniais coñecedes próximos? Están protexidos no planeamento?
- Saberías diferenciar no teu territorio as zonas de cidade (solo urbano), das zonas de aldeas (solos de núcleo rural), as zonas de espazos naturais (solo rústico)? Compróbao no mapa de planeamento.
- Pensas que as zonas próximas ao río ou ao mar deberían estar protexidas? Por que?
Coida o territorio
Explicación da APLU para eduación primaria
Explicación da APLU para eduación secundaria
Analiza as actuacións vistas na ligazón anterior próximas ao teu lugar:
- Que pensades das actuacións que se levaron a cabo? Mellorou o lugar?
- Que podes facer ti para coidar o teu territorio?
Cambio climático e xestión de residuos
Reflexiona e responde as seguintes preguntas:
- Que actuacións afectan ao cambio climático?
- Pensas que é importante reciclar? Por que?
- Que actuacións afectan ao cambio climático?
Dinámica interactiva
Dinámica interactiva
A continuación teredes acceso a unha serie de paneis interactivos nos cales poder continuar o debate xerado na exposición dos contidos e poder profundizar no aprendido na sección anterior.
Os paneis interactivos poden realizarse de maneira individual por cada alumna ou alumno, se se dispón de ordenadores; ou tamén se pode realizar en gran grupo proxectando o panel e resolvéndoo de maneira colaborativa. Esta é unha mostra dun dos paneis interactivos.
Primaria
Secundaria
Material complementario para o profesorado
Ligazóns e recursos complementarios para utilizar polo profesorado no desenvolvemento da actividade.
Recursos
Ligazóns