Tu primer día" El Monstruo de Colores va al Cole - YouTube

"EL MONSTRUO DE COLORES VA AL COLE" - ANNA LLENAS


BENVIDOS E BENVIDAS AO VOSO PRIMEIRO ANO ESCOLAR!!

Este curso académico é moi especial pero tamén cheo de singularidades, incertidumes, dúbidas...que paseniño superaremos xuntos, colaborando desde a familia e desde a escola.

A nosa Aula Virtual (A.V.) é un espazo adicado a "NÓS": ás familias, ao alumnado e ao profesorado que impartimos clase neste grupo. Todos traballaremos arreo  para contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos, a través dos tres eixes fundamentais da Educación Infantil:

- Área I: "Coñecemento de sí mesmo e autonomía persoal".

- Área II: "Coñecemento do contorno".

- Área III: "Linguaxes: comunicación e representación".

Asemade, trataremos de desenvolver as capacidades do alumnado propoñendo actividades, experiencias e proxectos, presenciais ou non, ao longo de todo este percorrido que abrangue o curso 2020-21.

Contamos con vós!

                                              COMEZAMOS!