Skip to Content

PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA

No arquivo adxunto poden consultar a oferta de actividades da nosa ANPA así como a ficha de inscripción. Unha vez cuberta poden deixala en secretaría ou no buzón da ANPA (cerca da entrada principal do cole).

Para máis información poden poñerse en contacto coa asociación.

LISTAXES DE MATERIAL PRIMARIA CURSO 24-25

PODEN CONSULTAR AS LISTAXES DE MATERIAL PARA EDUCACIÓN PRIMARIA NO FICHEIRO ADXUNTO A ESTA PUBLICACIÓN.

LISTAXE DE LIBROS 24 25

PODEN CONSULTAR A LISTAXE DE LIBROS NO FICHEIRO ADXUNTO A ESTA PUBLICACIÓN.

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 2024/2025

O prazo ordinario de formalización de matrícula abranguerá do 20 ao 30 de xuño en horario de secretaría onde serán recollidos:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

09:00-10:00

09:00-10:00

09:00:-10:00

13:00-13:45

13:00-13:45

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

- Documento de matrícula cuberto e asinado.

- 2 fotos tamaño carnet.

- Fotocopia DNI/NIE dos proxenitores e do/a alumno/a (se o ten).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do/a alumno/a.

 


NOTA IMPORTANTE:

 

* Os impresos virán cubertos en letra maiúscula.

* A documentación estará dispoñible na conserxería do centro

FONDO LIBROS E AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2024/2025

Aberto o prazo para a presentación de solicitudes de Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024/2025.

do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

♦ Forma de presentación de solicitudes:

• Electrónica: utilice a aplicación fondolibros e presente solicitude na Sede Electrónica. IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.
NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

• Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo.

• Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

XUNTO COS ANEXOS I E II DEBERÁ PRESENTAR LIBRO DE FAMILIA ou documentación equivalente onde figure o alumno/a e demais membros computables da unidade familiar e, en caso de separación ou divorcio SENTENZA XUDICIAL E/OIU CONVENIO REGULADOR.

Proceso de admisión curso 2024-2025: Publicación das listaxes definitivas

Xa están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos.

Poderanse consultar no taboleiro que está dentro do centro e recordamos que non está permitido facer fotos desta documentación.

De acordo coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado; contra esta relación de alumnado poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

prazo para a formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Se unha vez finalizado o prazo de matrícula esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.

LISTAXES PROVISIONAIS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA CURSO 24/25

O día de hoxe, 25 de abril, publícanse as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar 2024/25.

Estas listaxes estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro e tamén poderán ser consultadas na aplicación da Consellería de educación admisionalumnado .-

Informaselles así mesmo que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación das listaxes provisionais, ante o consello escolar, no caso de centros públicos.

Ante calquera consulta, non dubiden en chamar ao centro dentro do horario lectivo, ao teléfono do centro.

A dirección do CEIP Coirón Dena

SOLICITUDES ADMISIÓN CURSO 2024/2025

NIVEL

Número

vacantes

Número

solicitudes

4º Infantil 40 22
5º Infantil 4 0
6º Infantil 0 1*
1º Primaria 0 0
2º Primaria 2 0
3º Primaria 7 0
4º Primaria 13 1
5º Primaria 8 0
6º Primaria 12 0

 

En 4º de infantil (3 anos) ao haber menos solicitudes que vacantes, non é necesario baremar, polo que todas as solicitudes están ADMITIDAS.

En 4º de primaria, a solicitude presentada está ADMITIDA.

* En 6º de infantil será necesario baremar e agardar a resolución para coñecer o alumnado admitido

 

 

 

 

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO 24/25

Normativa reguladora do procedemento:

  • Decreto 13/2002, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG núm.29, de 11 de febreiro).
  • Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o decreto e se regula o procedemento de admisión do alumnado (DOG núm. 212, de 8 de novembro).

Prazos:

  • Prazo de presentación de solicitudes de admisión .- do 01 ao 20 de marzo
  • Presentación documentación acreditativa para o baremo .- 10 días hábiles a partir do día seguinte ao remate do prazo de sltdes. de admisión.
  • Publicación provisional das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril
  • Publicación definitiva das listaxes de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio

Solicitudes .- Solicitude normalizada ED550B

  • Pódese cubrir manualmente e presentala no primeiro centro da súa elección
  • Pódese cubrir informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro elixido.
  • Pódese cubrir informáticamente e asinala en Sede electrónica (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
  • IMPORTANTE : As solicitudes teñen que vir asinadas polos dous proxenitores. coa única excepción do consentimento do agresor nos casos de violencia de xénero.

Documentación complementaria .-

  • Libro de familia e o DNI dos proxenitores ou titores legais do menor
  • Sentenza de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • Documentación acreditativa do alumnado con necesidades específicas, de ser o caso.
  • Se non se ten DNI ou NIE deberá presentarse certificado de convivencia ou informe de servizos sociais

PORTAS ABERTAS

21/02/2024 11:07
Europe/Madrid

Dena Activa

O CEIP Coirón Dena estableceu como desafío transformar o seu centro ata convertelo nunha escola saudable. Para poder mantervos informados do que estamos a facer para conseguilo, temos uno novo blog con todas as novas e actividades que van encamiñadas a este obxectivo. 

Clica na imaxe para acceder 

 

XVI CONCURSO CARTEL ANUNCIADOR DO XXXII FESTIVAL DE BANDAS DE MEAÑO 2024

A Banda Unión Musical de Meaño organiza concurso do cartel para anunciar o XXXII Festival de Bandas de Música.

 

Para máis información, pode descargarse o documento con toda a información.

Plan Dixital Ceip Coirón Dena

No documento adxunto pódese consultar o Plan Dixital do noso centro

BIBLIOTECA



CEIP COIRÓN EN IMAXES



ChattyClass



O galego no CEIP Coirón



Prensa na escola



Distribuir contido


by Dr. Radut