Skip to Content

Contidos

CHEGOU O VERÁN!

O verán está ao caer, para comezalo con moi bo pé e estar entretidas e entretidos durante as vacacións, a profe Paula (A.L. do Colexio de Cervo) presenta algúns xogos, xa coñecidos por todas e todos, agardando que os desfrutedes.
 
Premede no enlace de abaixo para acceder ao documento, imprimide e comezade a xogar!!
 
 

O PASO AO INSTITUTO

Xa falta menos para que o noso alumnado de 6º dea o salto ao Instituto!

 
Isto me fai supoñer que estaredes nerviosos e á espectativa, e que teredes moitas dúbidas sobre como será o Instituto e a Educación Secundaria, por iso elaborei esta presentación, na que vos falo sobre os cambios máis importantes que atoparedes na E.S.O.
 
Picade no enlace para acceder á presentación. Espero que vos sirva de axuda.
 
 
 
 
 
 
Ademais da presentación, deixo un resumo escrito coa información máis relevante deste cambio
 
 

 

 

 

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE SOBRE AS EMOCIÓNS


E continuamos afondando nas nosas emocións!!!!

Despois do "PasaEmoción" xa estaredes preparados e preparadas para representar unha emoción, verdade?

No Departamento de Orientación fixemos unha presentación con diferentes emocións, representando o que nos inspira cada unha delas, en forma de poema, canción, cor, imaxe...

Invítovos a que vexades esta presentación a modo de exemplo (picando no enlace que poñerei máis abaixo) e, para finalizar vos propoñemos a actividade que ven explicada no final da presentación.

Animádevos a facelo, para poder crear o noso DICIONARIO DAS EMOCIÓNS e ter na BIBLIO do cole.

 

https://view.genial.ly/5ebfc97b8e243b0d5a330b79

AS NOSAS EMOCIÓNS. "PasaEmoción"

Esta semana dende o Departamento de Orientación comezamos cunha proposta para traballar sobre algo verdadeiramente importante, algo imprescindible e básico nas nosas vidas: AS EMOCIÓNS.

A proposta empeza con este "PasaEmoción", co cal descubriredes canto sabedes sobre as vosas emocións. https://view.genial.ly/5ebd269932a04c0d96b6d1b7/game-pasaemocion.

 Estade ben atentos porque en breve publicaremos outro contido para seguir afondando neste tema.

INFORMACIÓN ACERCA DO IES

O alumnado de sexto e as vosas familias afrontades o paso ao instituto dende esta situación excepcional e, probablemente, sintades certa inseguridade con respecto a este tema. Dende o Departamento de Orientación gustaríanos poder acompañar este proceso de cambio, coma sempre facemos dende o cole, polo que queremos colaborar aportando información que vos axude a coñecer o voso instituto.
Dende o IES Marqués de Sargadelos transmítennos tranquilidade e manifestan actitude de axuda e comprensión de cara ao novo alumnado. A visita de presentación ao IES pensamos que non se poderá realizar da forma en que se viña facendo, pero buscaremos unha alternativa para que poidades coñecer as instalacións e o programa de estudos antes de empezar o vindeiro curso.
Mentres, déixovos o enlace coa páxina do instituto, onde atoparedes información sobre os horarios, oferta educativa, instalacións, prazos e documentos de matriculación, etc.
 
 

 

 
 
TLF: 982870193
E-MAIL: ies.marques.sargadelos@edu.xunta.gal
 
Deixo tamén o enlace ao Departamento de Orientación do IES, no que atoparedes o  mail de contacto coa orientadora do centro luciaveganunez@edu.xunta.es
 
 

O COLEXIO DE CERVO CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

O personal docente e non docente do Colexio de Cervo quixemos aportar o noso grao de area con esta montaxe para a conmemoración deste día.

Picade na imaxe para acceder ao vídeo.

Esperamos que vos guste!!!

2 de maio - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 

Picade na imaxe ou no enlace para acceder ás propostas elaboradas dende o Departamento de Orientación para a conmemoración deste día. Como veredes, na última precisaremos a vosa axuda, ánimo!!

 https://drive.google.com/file/d/1jDGj4FwZ8K-l9nozptdT0A98RjUnz25O/view?usp=sharing

PASATEMPOS PROPOSTOS POLO NOSO P.T.

O profe Lino, elaborou todos estes pasatempos para pasar este tempo algo máis entretidos, á vez que repasamos contidos.

Picade no enlace para acceder e pasar un bo rato!!!

 

https://drive.google.com/file/d/1UH5kR84mACKdE88zUfryy5gz6LDdckhY/view?usp=sharing

 

 

PROPOSTAS DUNHA PROFE DE A.L. PARA A CORENTENA

A nosa profe Paula, especialista en Audición e Linguaxe elaborou este estupendo material, cunha chea de marabillosas propostas para pasar esta corentena algo máis entretidos.

Pinchade no enlace para descubrir as súas súper propostas!!!!

https://drive.google.com/file/d/1VyMXDCtcQg843VrHV-kz4EZSK3X2vNxn/view?usp=sharing

 

NOVO BLOGUE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Deixo o enlace do novo Blogue do Departamento de Orientación. Espero que vos guste e vos sexa de proveito.

 

https://orientacioncervosanciprian.blogspot.com/

 

 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

VER NO FICHEIRO ADXUNTO ->

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

VER NO FICHEIRO ADXUNTO  

PROPOSTA DO P.T. PASATEMPOS EN GALEGO

Lino elaborou unha nova proposta de pasatempos e adiviñas en galego. Picade no enlace para acceder ao contido.

https://drive.google.com/file/d/1IPxEAIpDqV9zVQtdLeRUTOiQIvTBHH_a/view?usp=sharing

Distribuir contido


by Dr. Radut