Skip to Content

Educación Primaria

Os campións das adiviñas!

Durante este curso, a mestra Laura Antón, estivo a traballar cos alumnos e alumnas nun entretido concurso de adiviñanzas, aproveitando ao mesmo tempo para traballar o uso das TICs e o fomento da Aula Virtual do CEIP A Castellana. 

Logo de moito tempo de divertida competición, na seguinte imaxe podemos ver os gañadores e gañadoras do concurso de adiviñas.

Parabéns e grazas a todos e todas pola participación!

Un día sen rir, é un día perdido

Gracias á colaboración do Concello de Aranga, no día de hoxe estivemos a desfrutar dunha divertida e fermosa xornada de animación a cargo de Espectáculos e animacións Moc Moc.

Un día sen rir é un día perdido!

Pasámolo en grande e rímonos moito!

Compartimos con todos vos algunha das imaxes.

Coñecemos os instrumentos de percusión

O alumnado de Educación Primaria, en Educación Musical, estudou neste terceiro trimestre os instrumentos musicais (as familias e os grupos de instrumentos). Dentro das distintas familias, profundaron sobre a de percusión de altura determinada e indeterminada.

Quixeron deixar constancia do seu traballo facendo estes bonitos instrumentos con plastilina, como podedes ver a continuación.

Esperamos que vos guste tanto como a nós.

FELICIDADES POLO VOSO GRAN TRABALLO!!

Estoupamos este curso!

Por todos é sabido que neste curso, toda a Comunidade Educativa tivo que facer un esforzo extra para sobrepasar esta pandemia que nos tocou vivir. 

Os que mellor o fixeron sen dúbida foron os alumnos e alumnas. Dende os máis pequenos ata os máis grandes do colexio, deron unha auténtica lección de Responsabilidade. 

Aínda non rematou, pero dende o CEIP A Castellana, estamos a estoupar cada día que pasa!

Estas semanas estamos a estoupar un globo por cada día que pasa, facendo unha conta atrás para rematar o período lectivo deste curso académico; que sen dúbida, quedará marcado na memoria de todos e todas.

Dende o equipo de mestres/as do centro queremos agradecer o bo facer dos nenos e nenas e a colaboración das familias. 

 

Herbario de 5º e 6º

Compartimos con todos vos o herbario que fixeron os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria. 

A importancia do herbario radica en ter representada e sistematizada parte da biodiversidade vexetal.

Abordar a confección dun herbario con nenos supón toda unha aventura para eles. Coñecer o mundo que nos rodea e especialmente a natureza predisponos a amala e respectala.

O herbario, é ademais dunha actividade de observación, recolección, procura de información, de sistematización, debería ser unha ferramenta de conexión coa natureza, na que os máis pequenos e non tan pequenos aprendan a importancia de respectar a nosa contorna natural e non romper o equilibrio que o sustenta.

Esperamos que vos guste!

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS

Antes de comenzar, queremos compartir con vos, estes carteis sobre as Letras Galegas 2020. 

A continuación vamos ir mostrando todos os traballos elaborados:

Os irmáns Brais e Aldara, ensínan os seus poemas e as súas fermosas coroas de flores. 

 

 

En esta imaxe vemos a Bruno que nos amosa o seu poema que di o seguinte: 

"Galiza é una nai velliña, soñadora. Na voz da gaita rise na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos, a terra, o mar, o vento... Non hai outra Galiza que vai no sentimento!

Galiza somos nos, a xente e mais a fala, si buscas a Galiza en ti tes que atopala!" 

 

Moitas gracias Bruno, moi fermoso.

 

Nesta imaxe podemos ver a Samuel de 2º de EP. Samuel ensínanos o seu poema decorado con esas fermosas flores. Gracias a súa indumentaria, podemos ver outra das paixóns de Samuel: o fútbol. 

"Cara o sol quero viaxar Cando as nubes mo deixen divisar. Nese camiño como un estorniño ei de voar Para poder disfrutar"

Moitas gracias Samuel

 

 

 

Nesta imaxe vemos a Laura de 3º de EP, cun gran sorriso, e amosando o seu gran poema e viste a súa coroa de flores para conmemorar este fermoso día das Letras Galegas. 

O seu poema di así: 

"A primaveira florea,  os paxaros cantan e crían. Brilla o sol resplandecente ata o cuco voltea. 

Mirarei a praia pola ventá e botareivos de menos cando acabe todo isto, voleveremos a vernos". 

 

Fermosas verbas nos dedica Laura. Cunha mensaxe final de esperanza. Estamos seguros que pronto voltaremos a vernos e compartimos ese desexo de vernos todos. 

 

Gracias Laura

 

 

 

Iker Leiras de 4º de EP, ensína o seu fermoso traballo e na cabeza a súa coroa de flores, ademáis viste a indumentaria do FC Barcelona. Fainos ver outra das súas paixóns: o fútbol.

 

O poema é de A.Noriega Varela e leva por nome "As floriñas dos toxos".

Moitas grazas por compartilo con todos nos Iker. 

 

 

 

Os irmás Iker e Izan remítenos os seus traballos. Realizaron unha fermosa coroa con flores de distintas cores e unhos poemas moi fermosos. Moitas grazas.

 

 

 

Sabela de 4º de EP envíanos esta fermosa imaxe, na que podemos ver unha coroa preciosa e o seu poema. Gracias Sabela. 

 

Neste vídeo podemos ver a Sabela recitándonos o poema. 

 

 

Sofía ensínanos a súa super coroa de flores. Fermosísimas esas rosas. Ademáis comparte con todos o seu poema:

"Un 17 de maio cheo de letras, e flores cheas de vida. Ao son das trompetas, van as volvoretas. Toda a xente está unida neste día". 

Moi bonito Sofía. Moitas gracias por compartilo.

 

 

Nesta imaxe vemos a poesía que confeccionou Denís de 6º de Educación Primaria. Gracias Denís

Os irmáns Marcos e Miguel, comparten desde os seus fogares estes dous poemas tan ben elaborados. O de Miguel é Negra Sombra de Rosalía de Castro e o de Marcos Galicia de Manuel María.

 

 

 

Lola, de Educación Infantil, mostra á cámara o seu debuxo das Pitas baixo a choiva. Que bonito Lola. Moitras gracias.

 

 

Aquí vemos a Alba de 1º de EP e Irene de 5º de EP, que nos mostran o seus fermosos poemas en galego de Manuel María, e na cabeza levan posto unhas fermosas diademas de flores. Grazas Alba e Irene! 

 

"O idioma é a chave coa que abrimos o mundo, o salouco máis feble o pesar máis profundo. 

O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor. 

O idioma é o tempo, é a voz dos avós, é ese bravo ronsel, que deixaremos nós.

O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maricamente vello e eternamente novo."

 

Manuel María.

 

 

Eloy de 1º de EP, mostranos "O seu gato poeta". 

"O meu gato é un poeta e escribe o que lle peta."

Moitísimas grazas Eloy, un gato moi chulo! Unha aperta.

 

 

Darío de 6º de EP, envíanos este fermoso poema titulado "os Sonos" para conmemorar o día das Letras Galegas: 

 

"O mundo dos sonos é unha aventura sen igual donde se fai realidade o que poidas imaxinas. 

Un mundo donde facer trasnadas sen que nuna pase nada e ter un tigre perlado que vai sempre ao teu lado. 

Un mundo onde ter cerca e un palacio de moita monta, ainda que, ao espertar, a rutina terás que retomar. 

Un mundo que é teu e só teu, un mundo donde non sempre poro estar eu". 

 


Moitas gracias por compartir con todos o teu poema Darío. Unha aperta!

 

 

Aquí podemos ver a Sara de 3º de EP, cunha super coroa! Que grande e que fermosa, chea de flores! 

Moitas gracias Sara. Ademáis, compartimos o poema que Sara confeccionou para todos e todas titulado Un Cabelo de Anxo.

 "Un cabelo de anjo pendurado do ceo, se non é a espalda de Democles é adival para o espírito, ximio equilibrista, que, nel agareado, pode arrandear sobre a terra e crer que é a araña dun fío tirado do seu propio miolo, cordón umbilical que o vencella o seu niño que está no azul. Mais non sabemos qué é o norte, qué é o sul, o cenit e no nadir, a vida e a morte, a terra e o ceo, cál é o metro que leva ao paraíso e queé aeronave nos conduz ao inferno".

A titora de 5º e 6º de EP, remítenos esta fermosa imaxe. Cun poema que di: 

 

"A miña poesía lévaa o vento para esparexala por onde hai nen@s. 

Voade versos e decirlles que @s botamos de menos." 

 

Todos os mestres sumámonos a estas palabras tan fermosas compartidas por María. Botámosvos de menos a todos e todas. 

 

 

DIAS DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

Co fin de conmemorar os Maios e o día das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio (que este ano se adica a Carvalho Calero), dende o CEIP A Castellana, propoñemos unha pequena actividade para que participe todo o alumnado.

Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas elaboren unha coroa de flores e escriban un poema en galego. 

No caso de Educación Infantil, que lean o seguinte conto que vos facilitamos a continuación e posteriormente que elaboren un debuxo da Pita.

>> https://issuu.com/bucle/docs/as_pitas

Posteriormente todos aqueles/as que o desexen, poden enviar unha imaxe onde saian eles mesmos, ensinando o devandito traballo confeccionado.

Tedes ata o martes 19 de maio para remitir as imaxes ao seguinte correo electrónico (pablo.sanchez@edu.xunta.es). Posteriormente subirémolos á páxina web do centro.

 

Con esta actividade de carácter voluntario, buscamos tamén que os alumnos/as poidan saír na páxina web de forma visible e deste maneira vernos de xeito telemático.

 

Moito ánimo e forza

Vémonos dende a casa

Sabela ensínanos o seu marcapáxinas fermoso cheo de corazóns. Gracias Sabela.

 

Raquel e Teresa amosan os seus fermosos marcapáxinas. Graciñas! Super fermosos! 

 

Os irmáns Mateo e Lucas, ensínan os seus fermosos marcapáxinas, gracias por compartilos con nos! 

 

Vemos a Claudia co marcapáxinas que confeccionou. Como non podía ser doutra maneira, Claudia, amante dos animais, mostranos unha vaca moi moi bonita! Gracias Claudia.

 

Nestas imaxes vemos aos irmáns Aldara e Brais, que ensínan moi ledos os marcapáxinas confeccionados na casa. Gracias por compartilos! 

 

 

 

Aquí temos a Lola, mostrando con ledicia o seu marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro. Fermosísimo Lola!

 

Os irmáns Izan e Iker comparten os seus marcapáxinas, quedaron moi chulos! 

 

Aquí vemos a Bruno cun libro de dinosaurios que dan algo de medo... E arriba dous marcapáxinas, encántanos ese Pikachu Bruno! 

 

Aquí vemos a Raúl de 4º de EP, que ensína á camara o seu marcapáxinas. Gracias Raúl.

 

 

 Os irmáns Marcos e Miguel, mostran un osiño e unha rá super chula que confeccionaron como marcapáxinas, gracias campións!

 

 

Iker de 4º de EP, ensína os seus dous marcapáxinas. Quedaron chulísimos!

 

 

Que bonitos e orixinais marxapáxinas nos mandan ás irmás Irene e Alba.

 

Darío, ensína á cámara o seu marcapáxinas, un canciño super chulo. 

 

Lorenzo deseñou un marcapáxinas coas pezas dos Lego. Que chulada!

 

Uxía amósanos o marcapáxinas ca súa paixón: o fútbol. Fermosísimo Uxía! Gracias por mandarnos ese sorriso!

 

 

 

Carmela e Samuel, ensínan á cámara os seus fermosos marcapáxinas, que ben quedaron!

 

Nesta imaxe vemos a Carmen, a titora de 5º e 6º de EI. Vaia Globo máis chulo que nos ensina. Fermosísimo!

 

María a titora de 5º e 6º de EP, amósanos un marcapáxinas moi femoso, elaborado con flores e follas.

 

 

Denís, alumno de 6º de Educación Primaria, móstranos os seus monstruos marcapáxinas. Quedaron moi divertidos! 

 

 

Aquí vemos a David que nos ensína o seu marcapáxinas de Bart Simsom, moi fermoso David! Moitas gracias por compartilo con todos nos.

 

Sofía de 3º de Educación Primaria ensína á cámara o seu marcapáxinas confeccionado para conmemorar o día do libro 2020. Que este ano celebramos dun xeito distinto. 

Encantounos Sofía!

 

Nesta imaxe vemos o marcapáxinas de Xoel de 4º de EI, que, como non podía ser doutra maneira, demostranos de novo a súa paixón polos Rallyes e o coche do seu amigo e primo. 

 

 Nesta imaxe vemos a Carla, cun femoso marcapáxinas no que debuxou un corazón. Gracias por compartir con nos Carla.

 

 Aquí vemos a Aroa, con toda a ferramenta de traballo. Aroa confeccionou un marcapáxinas moi personalizado que nos encantou! 

 

 A titora de 4º de EI, ensínanos un marcapáxinas deborador de follas! Esperamos que non lle coma o libro ! 

 

 Un gatiño fermosísimo puidemos ver na casa de Laura, que comparte con nos nesta imaxe. Qué vos parece? 

 

 Nesta imaxe vemos a Sofía, que ensina á camara o seu marcapáxinas. Moi moi chulo Sofía.  

 

 Femoso deseño da nosa compañeira María (coidadora), con 4 palabras tan importantes a ter en conta nas nosas vidas.

 

 Este fermoso gatiño foi elaborado por Laura, a titora de 1º e 2º de EP, sen dúbida un gatiño moi elegante. 

 

Vemos a Dani de 3º de EP super contento co seu fermoso marcapáxinas verde esperanza. Gracias por compartilo con nos Dani!

 

 

Sara de 3º de EP, mostranos o seu orixinal marcapáxinas. Gracias Sara. 

 

Que fermosa flor comparte Noa con todos nos. Fermosísimos cores. 

 

Xoel, apostou por un marcapáxinas super moderno, con purpurina de moitos cores.

 

 

Xián, apostou por un deseño moi orixinal, empregando unha folla como base e decorando cunha cara moi moi chula. A min paréceseme a un conexiño e a vos? 

 

 

Laura elaborou 3, que pasada! Tres deseños moi distintos e os tres moi fermosos. Gracias Laura! 

 

Que tiburón nos manda Eloy, esperemos que non morda moito... Moitas gracias Eloy por facernos chegar esta fermosas imaxes.

 

Andrea, encántanos ver esa cara de felicidade, gracias Andrea por compartir con todos nos ese marcapáxinas. 

 

Encántanos poder ver a todos os nenos e nenas (aínda que sexa de xeito telemático). Cánto vos voltamos en falta...

 

Habilitamos na páxina web, na marxe dereita unha categoría para ir subindo imaxes de todos e todas e así poder vernos mediante a páxina web. 

 

Moito ánimo e forza.

Día do Libro 2020

Estimadas familias:

co fin de conmemorar o día do Libro do vindeiro xoves 23 de abril, dende o CEIP A Castellana, propoñemos unha pequena actividade para que participe todo o alumnado.

Gustaríanos que todos os alumnos e alumnas elaboren un pequeno marcapáxinas decorado por eles mesmos. Posteriormente todos aqueles/as que o desexen, poden enviar unha imaxe onde saian eles mesmos, ensinando o devandito marcapáxinas confeccionado.

Tedes ata o venres 1 de maio para remitir as imaxes ao seguinte correo electrónico (pablo.sanchez@edu.xunta.es). Posteriormente subirémolos á páxina web do centro.

Con esta actividade de carácter voluntario, buscamos tamén que os alumnos/as poidan saír na páxina web de forma visible e deste xeito vernos de xeito telemático. 


Queremos mostrar todo o noso ánimo e forza nesta situación tan difícil que estamos a vivir. 


 

 

Por último, queremos informar que dende o CEIP A Castellana, estamos á espera das instruccións definitivas que establezca a Consellería de Educación e das indicacións específicas de inspección. Para, deste xeito, establecer unha concreción maior das directrices establecidas polo Goberno Central.

Pronto Voltaremos a xuntarnos...

Nos próximos días colgaremos as indicacións e tarefas para continuar co terceiro trimestre, pero queremos compartir con todos vos este pequeno vídeo que fixemos para trasladarvos moita forza e ánimo a todos e todas.

Votámosvos de menos moito, pero... Pronto voltaremos a xuntarnos!

Distribuir contido


by Dr. Radut