Skip to Content

Educación Primaria

Brincamos e bailamos con Paco Pakolas!

Hoxe veunos visitar Paco Pakolas. Bailamos e brincamos "rokeando" con Ramona Órbita. Pasámolo en grande!

Compartimos algunha imaxe e un vídeo onde nos poderedes ver con moita marcha no corpo.

Agradecer a ANPA e o Concello pola participación na actividade.

 

Afondamos na igualdade de xénero e a NON discriminación

Para conseguir unha igualdade real é importante educar no respecto ás persoas dende pequenos.

Educar en base a valores é fundamental para lograr unha mentalidade inclusiva nos nenos, e este ensino debe entregarse tanto na escola como na familia, para formar nenos/as e mozos/as empáticos, solidarios e respectuosos das diferenzas individuais.

No día de hoxe os alumnos/as de 3º, 4,º 5º e 6º de Primaria estiveron a desfrutar dunha charla práctica e moi interactiva, na que aprendemos valores de Non discriminación e afondamos no feminismo e a igualdade de xénero, tan importante na sociedade actual.

Agradecer a participación da Cruz Vermella de Betanzos nesta actividade.

Visítanos Anxo Moure!

No día de hoxe tivemos unha fermosa visita. Outro ano máis, puidemos desfrutar dunha xornada de contacontos da man de Anxo Moure, na que fomentamos a importancia do coidado do medio ambiente, afloraron valores como a Paz e a Non violencia e sobre todo, rimos moito e pasámolo xenial.

Compartimos con vos algunhas das imaxes de hoxe, e recordade que podedes acceder á galería de imaxes, na marxe dereita da páxina web ou facendo clic aquí.

 

Experimentamos coas cores!

Se lles falamos aos nenos e nenas de Educación Infantil do MÉTODO CIENTÍFICO pode que non resulte interesante e significativo para eles/as… mais se nos achegamos a este a través da realización dun EXPERIMENTO, a emoción e a curiosidade están aseguradas!

Así, estas propostas xa forman parte do noso día a día na aula posto que nos permiten traballar de xeito lúdico aspectos tan importantes como a observación, a atención, o razonamento lóxico-matemático, o traballo en equipo, a expresión oral e escrita en diferentes linguas ou a motricidade fina.

A semana pasada as nosas protagonistas foron as cores… que acontecerá se poñemos caramelos de cores en auga temperada? POIS HABERÁ QUE EXPERIMENTAR E COMPROBALO:

Elaboramos un libro con recortes!

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria están a elaborar un fermoso libro. Cada neno e nena elabora o seu propio libro de xeito individual, empregando recortes de periódico. 

Mediante o traballo en equipo interiorizan palabras e fomentan a escritura creativa.

Unha actividade que lles axudará a ampliar o seu vocabulario, a mellorar a súa aprendizaxe da lingua e a promover o seu gusto pola lectura. Ademais mellora a súa memoria, creatividade, imaxinación e concentración.

 

O Samaín no CEIP A Castellana

Rafael López Loureiro, mestre de escola de Cedeira (A Coruña) foi o responsable de redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia ata fai menos de trinta anos.

Ademais, tamén se comprobou a súa pervivencia no norte de Cáceres, en torno á zona na que se atopan as aldeas de lingua galega e en zonas de Zamora e León próximas a Galicia e onde a lingua e as tradicións galegas están moi arraigadas.

Ademais, este estudante analizou a relación da costume das cabazas co culto á morte e unha semellanza coas tradicións irmás das illas británicas. Ata chegou a detectar peculiaridades como a de Quiroga (Lugo), onde a cabaza tallada secase e conservase para usala como máscara no Entroido.

O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro "Caliveras de melón" e noutra de posteriores aparición, comezou a chamar a atención dos antropólogos.

Nestes días celebrase con gran arraigo o Samhain ou Samaín (adaptación ao gallego da palabra gaélica) en algunhas das cidades e pobos de Galicia.

Dende o CEIP A Castellana compartimos con todos vos, as fermosas cabazas que se elaboraron con tanto agarimo nos fogares.

Agradecemos enormemente a gran colaboración de todas as familias e compartimos con todos vos, esta exposición tan outonal e terrorífica. 

 

Do mesmo xeito compartimos a decoración que estiveron a elaborar todos os alumnos e alumnas do colexio. 

 

Compartimos tamén unhos fermosos lapiceiros de Samaín elaborados polos alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria 

Uns lapiceiros ben fermosiños e moi traballadiños para festexar o Samaín.

Exposición de cabazas

Estimadas familias:

Co motivo da celebración de Samaín / Halloween, invitámosvos a participar na exposición de cabazas que terá lugar na entrada do colexio.

Animádevos a decorar unha cabaza na casa con diferentes motivos (de maneira VOLUNTARIA).

Estas traeranse ao cole o mércores 26 de outubro e permanecerán expostas ata o venres 28 de outubro, que as levarán de volta á casa.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

PD: coa chegada do Samaín, parece que unhos morcegos moi estranos entraron na páxina... 

Aprendemos as minúsculas con tarxetas do outono!

No día de hoxe, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria, estivemos a aprender as minúsculas cunhas tarxetas de Outono moi fermosas. 

Puidemos aprender diferente vocabulario desta fermosa época do ano.

Libros de Marian Rojas

 

Aprendemos xogando!

Hoxe compartimos con vos unha xornada de aprendizaxe cos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria na Biblioteca. 

Puidemos formar palabras e desfrutar dunha xornada de lectura coa nosa mascota Camacho o Ourizo Cacho.

 

Lip dup fin de curso - CEIP Castellana

Como actividade para dar remate a este curso 2021-2022, dende o colexio organizamos este Lip Dub que contou coa participación de todo o alumnado e profesorado. 

Un lip dub é un vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincronizan os seus beizos, xestos e movementos cunha fonte musical. Neste caso a canción escollida foi "Yo quiero bailar" do grupo "La Pegatina".

Dende o CEIP A Castellana, desexamosvos un feliz verán a todos e todas! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut