Para esta última clase, empregamos as campás afinadas para interpretar estas dúas cancións de Nadal. Agardamos que vos gusten!
Na aula de música ano tras ano intentamos ¨aumentar a familia¨ solicitando material á Consellería ou comprando novo material dende o centro co presuposto de aula.
Estas son algunhas novas incorporacións á nosa aula, que nos axudarán a seguir desfrutando e aprendendo da nosa materia.
Oito panxoliñas tradicionais compoñen Ailá de Nadal. O grupo de música tradicional Ailá acaba de lanzar este volume no marco da campaña Nadal en rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten o álbum íntegro na súa canle de Youtube.
Se queredes desfrutar destas panxoliñas bonitiñas recollidas con moito agarimo, podedes acceder dende a seguinte imaxe da portada do disco. Alí hai máis información así como as letras.
Co alumnado de 2º de Primaria, estivemos traballando este musicograma de Fabricando Música que nos axudou a través de debuxos, a entender mellor a forma da Marcha Turca de Mozart.
Logo dunha escoita activa, escollemos entre todos/as que instrumentos podíamos encaixar para cada debuxiño do musicograma e o resumo foi o seguinte:
Co alumnado de 5º de Ed.Infantil fixemos este baile brincadeira e pasámolo moi ben! Ademais de traballar a atención, o movemento, a concentración, o son e o silencio...
A ver que vos parece!
Para a celebración do Magosto do venres 10 de novembro, a aula de música colaborou cunha canción de Susa Herrera ¨A Castaña Viaxeira¨.
Cantámola todo o cole, por cursos e pasándonos a castaña dunha man a outra.
Aquí unha pequena mostra dese día!
Con motivo do Samaín na aula de música estivemos facendo actividades relacionadas.
Neste caso o alumnado de 5º EP estivo preparando este arranxo de MªJesús Camino da tradicional canción Os esqueletos. Aquí deixo o resultado. Empregamos os xilófonos, metalófonos e carrillóns (ademais dun pandeiro para levar o ritmo).
Agardamos que vos guste!
O venres 10 de novembro celebraremos no colexio o Magosto. Coma todos os anos pola tarde degustaremos unhas ricas castañas e logo faremos xogos populares con castañas, propostos polo EDLG.
Ademais dende a Aula de Música aprenderemos unha canción/xogo musical proposto por Nerea Seijoso, cantando a canción de Susa Herrera ¨ A castaña viaxeira¨ pasando castañas de man a man.
Aquí vos deixo o vídeo e tamén a letra para practicar na casa.
O pasado mércores despedimos o mes de maio cunha canción onde participou todo o alumnado. Aquí vos deixamos o resultado.
Podedes ver tamén algunhas fotos das actividades levadas a cabo ese día, facendo click na seguinte cámara.