Skip to Content

DÍA DA PAZ - VÍDEOS

Aquí tedes os vídeos que faltaban para rematar coas celebracións do Día da Paz.

DECÁLOGO PARA MEDRAR EN PAZ    

CANCIÓN "LA MURALLA" 

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz, conmemorando o sextuagésimo quinto aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Pasámolo en grande!!!. Os nenos e nenas leron un "Decálogo para medrar en paz". O alumnado de EI recitou un poema e logo rematamos con moito "ritmo" coa canción "La muralla". Xa están as imaxes na galería.

VÍDEOS FESTIVAL DE NADAL 2012/13

Xa podedes ver os vídeos do festival de Nadal picando nos seguintes enlaces:

 E. Infantil       1º Primaria     2º Primaria    3º Primaria     

4º Primaria     5º primaria     6º Primaria     6º Primaria - obra de teatro 

A  desfrutar!!!!

BO NADAL A TOD@S!!!

Para ver na galeria as fotos do festival e dos adornos de Nadal, picade na imaxe.

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Xa temos o inverno enriba e nada coma un bo magosto para entrar en calor ... Pronto poderedes ver as fotos na galería.

XA CHEGOU O SAMAÍN!!!

Como sempre por estas datas, xa está con nós o Samaín. Os alumnos e alumn@s pasárono de meeeeeeeeeeedo!!!. Xa podedes ver algunhas fotos na galería.

COMENZA O CURSO 2012-13!!!

Estimad@s nais, pais e titores legais:

Comenza o curso escolar e queremos convidarvos á reunión de inicio de curso que se celebrará o vindeiro día 12 de setembro ás 10:30 horas.

Tamén vos comunicamos que o devandito día 12 de setembro o horario para o alumnado será: entrada ás 10:30 horas e saída ás 13:00 horas.

O xoves día 13, xa comenzará o horario normal: clases de 9:30 a 14:00 horas e comedor escolar de 14:00 a 15:00 horas, momento no que collerán o transporte para abandonar o centro.

LIBROS DE TEXTO 2012-2013

Libros de texto para o vindeiro curso 2012-2013.

Prema aquí        

A CONQUISTA DE LUGO

Foi un abafante 24 de maio cando un autobús cheo de intrépidos romanos sairon dende Santiago de Compostela para conquistar unha nova cidade á que chamarían...

Lucus Augusti!!

UN LUGAR nen@s de 4º EP

Distribuir contido


by Dr. Radut