Novas

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO.

Enviado por admin o Lun, 15/04/2024 - 08:41

( categories: )

PUNTO LARANXA FÍSICO.

Enviado por admin o Mar, 09/04/2024 - 11:36

Seguindo o novo "Protocolo Educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar",  xa está dispoñible nas instalacións do centro o punto laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

Trátase dun espazo físico, que funciona como unha caixa de correo, onde calquera persoa coñecedora dunha situación de posible acoso poderá comunicalo de forma totalmente anónima.

Lembrade que podedes atopalo ao carón da porta principal de entrada ao colexio. 

Se precisades máis información, podes premer aquí.

 

( categories: )

VACANTES CURSO 2024/2025

Enviado por admin o Ven, 01/03/2024 - 09:44

Tal e como se anunciou no calendario de admisión o día 1 de marzo comeza o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025, permanecendo aberto ata o día 20 de marzo.

A documentación a presentar será a seguinte:

- Anexo II: folla de solicitude de admisión (ED550B).

- Fotocopia do libro de familia.

- De ser o caso sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

As solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro ou en Sede electrónica a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

( categories: )
Distribuir contido