Skip to Content

Digicraft

INTELIXENCIA ARTIFICIAL E ROBÓTICA

O segundo dos itinerarios que poremos en práctica durante o desenvolvemento do Digicraft no teu cole é o de intelixencia artificial e robótica. Nel coñeceremos que é e como funciona a intelixencia artificial. Así mesmo tamén aprenderemos unhas nocións básicas de programación e robótica e mesmo construíremos os nosos propios robots de xeito artesanal.

REALIDADE AUMENTADA E VIDEOXOGOS

Un dos itinerarios que compoñen o programa Digicraft no teu cole, no que participa o noso centro, é o de Realidade aumentada e videoxogos. Neste itinerario aprenderemos a ver obxectos en realidade aumentada e os seus usos para a nosa tarefa diaria na aula, traballando gran variedade de contidos, como as fases lunares, ou planetas, os diferentes sistemas e aparellos etc. Tamén aprenderemos a crear o noso propio videoxogo con personaxes propios e entornos virtuais variados.

DIGICRAFT

O CEIP de Campanario foi seleccionado entre 50 centros para levar a cabo o proxecto DIGICRAFT no teu cole que desenvolverá a mellora da competencia dixital entre o alumnado.

Facémonos eco da noticia publicada polo xornal La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2019/10/23/colegio-campan...

Distribuir contido


by Dr. Radut