Skip to Content

Localización

Localización do centro

O CEIP de Campanario é un centro de titularidade pública no que se imparte Educación Infantil e Educación Primaria. Está situado na poboació de Campanario, na parroquia de Baroña, concello de Porto do Son (A Coruña).

 

 

O centro acolle alumnos das parroquias de Baroña e de Ribasieira, tamén no concello de Porto do Son. A parroquia de Baroña ten unha superficie aproximada de 10, 6 km2, que se reparte nas seguintes entidades de poboación: Abuín, Arnela, Campanario, A Igrexa, Lavandeira, Montemuiño. Orellán, Penas, Raña, Seoane, Tarrío, Udres e Vilar.

O marco xeográfico no que se ubica o centro é dunha extraordinaria beleza paisaxística, na península do Barbanza, onde se une a ría de Muros-Noia co Océano Atlántico; sobre un outeiro desde o que se divisa toda a fermosura da ría; protexido ao leste, polas abas dos montes da Serra da Barbanza.

O entorno do centro está formado por unha mestura de ecosistemas. Este feito permítenos disopñer, moi preto de nós, de numerosos recursos naturais que pode ser de gran utilidade para o desenvolvemento da actividade docente, xa que podemos observalos e estudialos desde o propio medio: os bosques, os ríos, as terras de cultivo, as prais, a ría, a vexetación autóctona, a aldea co

a súa arquitectura popular (hórreos, pombais, cruceiros, fontes...) e, por suposto, a arquitectura e civilización castrexa. Non podemo esquecer que nos atopamos a escasa distancia dunha das xoias do patrimonio histórico - arqueolóxico de Galicia, o Castro de Baroña.

Distribuir contido


by Dr. Radut