Skip to Content

DIGICRAFT NO TEU COLE. FUNDACIÓN VODAFONE

Dende o CEIP Campanario sempre mostramos un especial interese pola competencia dixital e este ano máis ca nunca estamos convencidos da importancia das novas tecnoloxías nas nosas vidas, polo que unha das nosas prioridades a nivel de centro é que o noso alumnado aprenda un manexo funcional e responsable das mesmas. Durante o presente curso todo o alumnado do noso centro está inmerso nun programa de innovación educativa chamado Digicraft no teu cole, co que pretendemos crear contextos lúdicos de aprendizaxe coa axuda das TIC

25 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o CEIP Campanario, conmemoramos o día 25 de novembro, día internacional da eliminación da violencia de xénero. O noso alumnado realizou diversas actividades que tiveron como obxectivo sensibilizar e inculcar valores de igualdade, respeto e non discriminación, pero non debemos esquecer que COEDUCAR é tarefa de todos.

 

 

25 DE NOVEMBRO: DIA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

MAGOSTO- SAMAÍN (OUTUBRO 2020)

Estimadas familias:

Informamosvos de que o vindeiro venres, día 30 de outubro, celebraremos na escola o Magosto e o Samaín. Para sufragar unha parte dos gastos desta actividade solicitamos a achega de 1,5€ por alumno/a.

Asaranse as castañas no exterior do centro e coma todos os anos, o alumnado poderá vir disfrazado da casa, ademais poderá traer cabazas decoradas que se exporán no patio.

Para cumprir coas medidas sanitarias NON poderemos contar coa vosa presenza, polo que agardamos que sexades comprensivos con esta particular situación.

 

O equipo docente do CEIP Campanario.

DOCUMENTOS COVID CURSO 2020-2021

Nos ficheiros adxuntos poderedes atopar o Plan de acollida, o Plan de adaptación ao contexto COVID e o Plan de continxencia do CEIP Campanario.

INSTRUCIÓNS PARA ACCEDER Á AULA VIRTUAL DO NOSO CENTRO

Durante o presente curso poremos en marcha unha nova ferramenta de traballo para o noso alumnado, unha aula virtual que nos permitirá estar máis conectados ca nunca, algo fundamental nos tempos que corren. Para facilitar o acceso tanto ó alumnado como ás familias, adxuntamos un pequeno documento que nos facilitará o acceso á mesma

IMPORTANTE: PLAN DE ADAPTACIÓN Á COVID-19

Damos comezo a un novo curso e con el unha nova realidade á que debemos adaptarnos para crear un entorno escolar seguro. Deste xeito dende o centro elaboramos un Plan de adaptación a esta nova realidade para o cal agradecemos o cumprimento de todas as normas, co fin de extremar as precaucións.

Listaxe DEFINITIVO de alumnado admitido e excluído nas axudas do fondo solidario de libros de texto

Achegamos a listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido e excluído no fondo solidario de libros de texto.

Para consultalas facer click en 2 adxuntos.

Listaxe provisional de alumnado admitido e excluído nas axudas do fondo solidario de libros de texto

Achegamos a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído no fondo solidario de libros de texto.

Para consultalas facer click en 2 adxuntos.

17 de maio: Día das Letras Galegas

Compartimos este video co fantástico traballo de todo o alumnado do CEIP Campanario sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero á quen se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas. #conmemoración #euquedonacasa

https://dixitalizamosbarona.blogspot.com/2020/05/video-de-lg.html

Día do Libro

O pasado 23 de conmemoramos o Día do Libro. Desde o CEIP Campanario, quixemo contribuir á celebración desde día e por iso preparamos este vídeo. Pronto nos volveremos a ver todos xuntos. #Nósquedamosnacasa

https://dixitalizamosbarona.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro.html

Distribuir contido


by Dr. Radut