Skip to Content

SOLICITUDE DA ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023/24

 

Prazo de solicitude: do 1 ó 20 de marzo

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

 

RESULTADOS XOGADE

PLAN DIXITAL DE CENTRO

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO -Axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2022-2023

Queda aberto o prazo para presentar as solicitudes do Fondo Solidario de Libros de Texto e axudas para adquirir material e libros de texto para o curso 2022-2023.

prazo para presentar as solicitudes será ata o 22 de Xuño de 2022 (este incluído).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta  https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 21 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación. Tamén se pode entregar as solicitudes no propio centro concertando cita previa vía telefónica.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- 2 FOTOS CARNÉ 

- Fotocopia LIBRO DE FAMILIA

 - Fotocopia TARXETA SANITARIA ALUMNO/A

- Fotocopia DNI dos pais/nais/titores

- Fotocopia da cartilla de vacinacións 

- Cumplimentar ANEXO II, de solicitude de admisión e asinalo os dous proxenitores cando estean separados ou divorciados.

 

IMPORTANTE: ADMISIÓN ALUMNADO 1-22 MARZO

Informamosvos de que o vindeiro luns día 1 de marzo comeza o prazo de admisión de alumnado para todos aqueles que desexen comezar os estudos no noso centro durante o vindeiro curso 2021-2022. Achegamos adxunta a documentación necesaria para o trámite.

 

PLAN PROXECTA: ALIMENTATE BEN

Esta ano estamos inmersos nun programa da Consellería de Educación enmarcado dentro do Plan Proxecta, chamado "Alimentate ben". Os máis pequenos do CEIP Campanario están moi concienciados coa importancia dunha alimentacion equilibrada e saudable. Boa mostra disto é a rica macedonia de froitas que merendaron.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Como cada 3 de decembro, celebramos o día internacional das persoas con discapacidade. Este ano, a pesar das circunstancias, decidimos colaborar cos recursos da contorna, concretamente co CEE Amicos. Desenvolvemos unha serie de xogos inclusivos como medida para sensibilizar ó noso alumando e educar nos valores de respeto á diversidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut