Skip to Content

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

O Día das Letras Galegas, 17 de Maio de 2023 está adicado a Francisco Fernández Del Riego, un home que levaba Galicia na cabeza, na boca e nos pés. Para coñecer un pouco máis da súa vida e obra propoñémosvos unha serie de enlaces:

- Primavera das Letras, actividades que teñen como fío condutor un teatro na que os protagonistas son obxectos pertencentes a Don Paco, que nos amosan a súa vida, elaboradas pola Real Academia Galega.

- Seminario Galán, páxina que, cada ano, pon a disposición de toda a comunidade educativa múltiples recursos en liña e en papel para coñecer a vida e obra dos autores homenaxeados polo Día da Letras Galegas.

 

 

 

 

Dependencias da escola

Álbum: Sen categoría -> Dependencias

A nosa escola

O C.E.I.P de BRENS conta con dúas aulas independientes: unha aula mixta de E. Infantil e unha aula mixta de E. Primaria (1º e 2º de E.P). Ámbalas dúas aulas teñen aseo no seu interior. 

Conta cun patio exterior con parque infantil, acceso á Biblioteca-Aula de Teleformación, Polideportivo e Salón de Actos da Casa de Cultura. 

 Ver fotos

Organigrama do centro

Ao tratarse dun colexio de menos de 3 unidades todos os cargos do equipo directivo (dirección, secretaría e xefatura de estudos) recaen nunha soa persoa denominada responsable do centro.

A Responsable do centro actualmente é : María R. Fernández Santiago.

O Claustro consta de 2 profesoras con praza neste centro:

- Alves Senra, María del Pilar (Titora Educación Primaria)

- Fernández Santiago, María R. (Titora Educación Infantil)

Imparten docencia neste colexio outras profesoras itinerantes con base noutros centros

- Martínez Vázquez, María Mónica (Mestra en Lingua Estranxeira con base no CEIP Areouta de Sardiñeiro)

- Fernández Conchas, Mª Carmen (Mestra Relixión Católica con base no CEIP Praia de Quenxe de Corcubión)

- Vázquez Rodríguez, Iria (Mestra de Audición e Linguaxe con base no CEIP Vila de Cee), que substitúe a Inés Roa Eiroa.

A Orientadora do centro é: Cabado Ares, María compartida co CEIP Vila de Cee (Cee)

O Consello Escolar está formado por:

- Representante do Concello de Cee: Rodríguez Riveiro, María Luisa

- Representante de pais/nais: Trillo Quintela, Bárbara

- Representante do colexio: Fernández Santiago, María R.

 

 

Información de matrícula

Podes ver a información de matrícula no ficheiro que adxuntamos. 

VER DOCUJMENTO

Distribuir contido


by Dr. Radut