Cheminea

Os incendios no Bibei

Xornada de sensibilización sobre o efecto desvastador dos incendios.

Participamos nunha charla-informativa na que tratamos diferentes temas relacionados cos incendios e os nosos montes. Aspectos tales como o reparto de distritos, o número para avisar dun incendio, os recursos persoais dos que dispoñemos: as brigadas, os bombeiros, protección civil, a garda civil, e os militares aos que lle damos aloxamento no verán aquí mesmo, ao lado do cole.

Tivemos unha sorpresa, que nos impresionou tanto que saímos todas e todos ao patio!!!. 

Trouxéronnos unha motobomba, diferentes vehículos que participan na extinción dos incendios. 

Aí o tedes!!!

 

Aventúrate no mar

Este curso 2014-2015 participamos no programa "A aventura está no Mar". Participamos en diferentes actividades relacionadas co ecosistema mariño. Fomos a coñecer o porto pesqueiro de VIgo e a súa lonxa. Degustamos diferentes pratos da gastronomía galega feita con moluscos e peixes. Vimos o proceso de comercialización dende que o peixe é capturado ata que é subastado para poidamos compralo nos nosos pobos e vilas.

Tivemos de asorte de participar nuha sesión de formación no noso colexio, por parte dunha equipa de expertos "gardacostas, mariñeiras..." coas que aprendimos a respectar, diferenciar diferentes especies, tamén falamos sobre o proceso de producción e os mercados.

Divertímonos, desfrutamos e sobre todo aprendimos moito, moito!!!

Deixamos algunhas mostras do acontecido: 

             O alumnado máis xoven do cole:

 

 

       O alumnado maior do cole:

OS BLOGS DO ALUMNADO

Este material foi elaborado polo alumnado: Juanjo, Paulo, Sonia, Marimar, Lucía e Leire

Dentro do programa Prensaescola. 

Está publicado no Blog do grupo: Pofnu

A FESTA DA ANDROLLA

Benvidos á nosa Biblioteca virtual

Abrimos esta nova sección da Biblioteca  virtual

Biblioteca