ABALAR MÓBIL

(Pincha na imaxe para máis información)

 

  • Que é ABALAR MÓBIL?

Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. É gratuita e non ten publicidade.

 

  • Funcionalidades e servizos:
  1. Acceder aos datos persoais.
  2. Consultar as cualificacións.
  3. Comprobar e xustificar as faltas de asistencia.
  4. Consultar o apartado de faltas de conduta.
  5. Solicitar, anular e consultar o estado dunha titoría.
  6. Consultar os datos do centro educativo.
  7. Consultar os avisos ou notificacións.
  8. Consultar as incidencias.
  9. Modificar o idioma da aplicación.
  10. Contactar co servizo técnico.

 

  • Quen pode darse de alta na app?

Nais, pais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. (Debe comprobar que o titor/titora ten o número do teléfono móbil no que desexa instalar a aplicación)

 

 

IMPORTANTE: consulte co/coa titor/a do/a alumno/a que funcións da aplicación ten habilitadas.

 

 

Tedes á vosa disposición a seguinte guía:

(Pincha na imaxe para visualizar a guía ou descargadea directamente en "arquivo adxunto")

AnexoTamaño
guia-mobil-familias.pdf1.74 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer