Skip to Content

BAREMO | SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2017/2018 (Ata 3 de abril)

Estimadas familias, 
Subidas xa todas as solicitudes de admisión para o próximo curso 2017/2018 á aplicación da Consellería, vemos que hai máis demanda de prazas que as que o centro pode ofertar, polo que teremos que baremar e puntuar as solicitudes. Todas aquelas persoas que teñades pendente achegar documentación para baremar podédelo facer ata o día 3 de abril ás 14h00.
CURSO ALUMNADO VACANTES SOLICITUDES
4º EI 0 25 35
5º EI 23 2 2
6º EI 28 -3 1
1º EP 22 3 6
2º EP 42 8 0
3º EP 24 1 0
4º EP 50 0 0
5º EP 30 20 0
6º EP 27 -2 0
 
A día de hoxe, 23 de marzo de 2017, como non temos noticias da Consellería que contradigan a ORDE de Admisión do Alumnado do 12 de marzo de 2013, todo apunta a que esta normativa será a que se use na aplicación para baremar e puntuar as vosas solicitudes. Neste sentido, por favor, revisade e pensade se queredes que se vos teña en conta algún dos elementos que aparecen nese baremo e se aínda non aportastes documentación, recordade que o podedes facer ata o 3 de abril ás 14h00.
Como apuntamento
- Detectamos que hai familias que non indicastes renda, se queredes que se vos teña en conta é bo que acheguedes este dato
 
No artigo 23 da ORDE podedes ler o seguinte (para que valoredes se vos interesa ou non aportar isto)
 
8. A valoración da renda anual per cápita da unidade familiar realizarase con referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) correspondente ao exercicio fiscal ao que se refire o punto 1 deste artigo, coa seguinte escala:
 
a) Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: 3 puntos.
b) Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: 2 puntos.
c) Se é igual ou superior a 0,75 veces e inferior ao IPREM: 1 punto.
d) Se é igual ou superior ao IPREM: 0 puntos.

- Se queredes alegar proximidade do voso domicilio familiar (ou laborar) precisamos padrón municipal, tanto sexa da área de influencia como da área limítrofe. Isto é o que dí a ORDE de Admisión:

Artigo 22. Acreditación e valoración do criterio de proximidade do centro educativo ao domicilio familiar ou lugar de traballo das/dos proxenitoras/es ou titoras/es

3. O domicilio familiar acreditarase mediante certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

6. A proximidade ao centro educativo do lugar de traballo acreditarase:

7. A valoración deste criterio realizarase aplicando os seguintes baremos, con carácter excluínte:

a) Proximidade do domicilio familiar:

1º. Se se atopa na área de influencia do centro: 6 puntos.

2º. Se se atopa nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 3 puntos.

b) Proximidade do lugar de traballo:

1º. Se está situado dentro da área de influencia do centro: 4 puntos.

2º. Se está situado nas áreas limítrofes á área de influencia do centro: 2 puntos.

 

Se xa entregastes esta documentación, non é preciso que a volvades entregar. É un aviso xenérico para todas as persoas solicitantes.

Recibide un cordial saúdo,



page | by Dr. Radut