Skip to Content

Gañadoras e gañadores do Premio Begoña Caamaño como recoñecemento á acción cultural pola igualdade de xénero!!

Grazas a toda a comunidade por facer posible este gran recoñecemento ao CEIP de BAROUTA. Sen alumnado, familias e institucións que nos apoian, isto non sería posible.

Estamos de celebración ao recibir o premio Begoña Caamaño na modalidade de "Iniciativa", Grupo de Traballo de Igualdade e Xénero da ANPA do CEIP A Barouta.

"O grupo de traballo de Igualdade e Xénero do CEIP de Barouta, créase no ano 2019 e está formado por un grupo de familias que pretenden dar un enfoque externo e interconectado coa comunidade, a unha liña de traballo que xa existe no CEIP sobre a importancia da igualdade entre xéneros e a prevención da violencia. Xorde tamén para intentar dar resposta ás inquedanzas e ás dúbidas que se lle presentan ás familias e ao profesorado en torno a como resolver os problemas que se presentan na sociedade do século XXI, que definíndose así mesma como moderna, continúa perpetuando prexuízos, estereotipos e roles asociados única e exclusivamente ao sexo e xénero."

Síntete libre para deixar os teus comentarios a pé de páxina.

Seguimos adiante!



page | by Dr. Radut