Skip to Content

"XARDÍN ROSALÍA"-23 FEBREIRO 2022

Este ano decidimos conmemorar o DÍA DE ROSALÍA coa creación no cole de Barouta dun xardín na súa honra.

Foi un proceso longo pero moi gratificante que comezou cos bosquexos do retrato e do deseño do xardín, coa preparación do mesmo,plantación de pensamentos (flores preferidas da escritora) e coa escritura de poemas e a súa posterior colocación.

Así, o 23 DE FEBREIRO DE 2022 puidemos inaugurar o noso "XARDÍN ROSALÍA"  unha sinceira homenaxe á nosa escritora máis universal.

Na seguinte LIGAZÓN deixámosvos fotografías de todo o proceso.

E nestoutra o VÍDEO INAUGURACIÓN "XARDÍN ROSALÍA"

Agardamos que vos guste tanto coma a nós!



page | by Dr. Radut