Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO | Publicación de Listaxe DEFINITIVA

Desde hoxe está publicada a LISTA DEFINITIVA DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio. 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información:

  • 4º EI. A totalidade de solicitudes presentadas en prazo foron admitidas
  • Outros Cursos. As solicitudes presentadas para outros distintos de 4º de EI non obtiveron praza.

As solicitudes presentadas fóra de prazo están pendentes de resolución por parte da Comisión de Escolarización e Inspección Educativa

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
Do 21 ao 30 de xuño 
(nos días previos comunicaremos a documentación a presentar). Por se vos serve de referencia na seguinte ligazón podedes ver o que se pedíu o ano pasado: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/247

 

 



page | by Dr. Radut