Orientación. CEIP de Baiñas

CEIP “BAÍÑAS”- D. ORIENTACIÓN 15127 Vimianzo-A Coruña   881 96 00 10-11-12  -  ceip.bainas@edu.xunta.es

FOLLETO PARA AS FAMILIAS:

 

MELLOREMOS A SÚA AUTOESTIMA

 

A autoestima pode entenderse como unha opinión xeral que unha persoa ten sobre si mesmo. Trátase dun xuízo sobre un mesmo, á vez que unha actitude sobre un mesmo.

A FAMILIA é un lugar onde o neno/a é querido e valorado tal e como é. Dende que é un bebé, recibe sensacións de valor. Os/As pais/nais, xogan un papel importante na creación dunha sólida e positiva percepción do neno/a sobre si mesmo.

Toda percepción e concepto que tes sobre ti mesmo, forma parte dun proceso de desenvolvemento. Este proceso comeza cando es un neno/a, e vaise construír ó longo de toda a túa vida.

É importante que ese proceso comece na infancia. Por iso, debedes ofrecerlle o voso fillo/a experiencias que lle permitan crear un sentido positivo de si mesmo.

Existen distintos exercicios e dinámicas, que de xeito sinxelo, tanto na escola como na familia se poden levar a cabo para facilitar o desenvolvemento dunha autoestima positiva:

  • Emprega frecuentemente “por favor” e “grazas”

Moitas veces omitimos agradecementos os nenos/as, pensando que non o valoran como tal. É que de forma inconsciente, a acción sen ser agradecida, pode pasar desapercibida, quitándolle valor/importancia.

Por outro lado, cando pides “por favor” algo a alguén, transmíteslle respecto, facendo sentir que ten valor, reforzando así a súa autoestima.

  • Pregunta e escoita con atención

Que dúbida cabe, que o diálogo cos nenos/as é fundamental, e igual de importante, é mostrar interese sobre eles. Polo que, ademais das preguntas “triviais” como “tes frío?”, “tes fame?”, debemos facer preguntas que vaian máis aló, obrigándoos a describir sensacións e pensamentos.

Preguntas como: “que foi o que máis che gustou do que fixeches/aprendiches hoxe na escola?” “estiveches triste/enfadado no cole?”...

É importante que cando contexte escoites con atención, evitando interrompelo/la e deixando de lado distractores (televisión, teléfono, periódico...) para que perciba que o que vai a dicir é importante para ti, e que o estás a valorar.

Nunca interrompas a súa conversa por atender ó móbil. O que o teu fillo/a che conta, é máis importante, e ese mensaxe é o que lle tes que transmitir.

  • Asígnalle tarefas concretas

É interesante que cada semana, lle asignes o teu fillo/a unha tarefa concreta (esta semana tes que gardar os xoguetes no seu sitio” “esta semana tes que facer so/soa a cama” “poñer a mesa sen axuda”... (todo dependendo da idade).

Pode ser un exemplo sinxelo, pero estás a darlle unha responsabilidade, e o feito de que o/a fagas partícipe, de que teña “unha misión que superar”cada semana, estáslle a transmitir, que cres nel/nela, e que pode facelo.

Esa confianza que depositas no teu fillo/a, fará que sinta o compromiso de responder fronte a ela. Ademais de ter un obxectivo a lograr, terá un deber “moral” que cumprir.

  • Destacamos o positivo e melloramos o negativo.

Todos os nenos e nenas, incluíndo os vosos/as fillos e fillas, teñen defectos e virtudes, trazos da súa personalidade que che gustan máis ou menos.

Cando o bo se pon de manifesto, non perdas a oportunidade de expresarlle o teu orgullo “que ben fixeches a cama”, “ estou moi orgulloso/a de ti”...

Pola contra, non podemos obviar ó negativo, pero debemos dicilo dunha maneira positiva, dándolle unha segunda oportunidade, e guiándoo a unha boa conduta. (“seguro que si o volves a intentar, faralo mellor”, “ti podes”...).

 

A autoestima é coñecerse a si mesmo, con virtudes e defectos, e ter confianza na propia capacidade para superar dificultades.

 

REGRAS BÁSICAS PARA

ESTUDAR NA CASA


 

 

 

 

 

 

A UNESCO tivo o gran detalle de "colgar" na Internet o acceso a Biblioteca Dixital Mundial . Pego o enlace : https;//www.wdl.org/es para que as familias poidan aproveitar o tempo culturalmente.

Que disfruten e xa saben:

¡ QUÉDENSE NA CASA!

 

Cómo ensinar a estudar aos teus fillos en 10 pasos.

 

https://www.aulaplaneta.com/2014/03/10/en-familia/como-ensenar-a-estudiar-a-tus-hijos-en-10-pasos/

HOLA FAMILIAS E ALUMNADO!

Dende o Departamento de Orientación do CEIP de Baíñas querémosvos anunciar de que tendes actividades de reforzo e recursos psicopedagóxicos que vos van a axudar tanto ao alumnado coma ás familias nestes momentos de reclusión.

Para acceder a esta información so tendes que acceder ao título deste enlace ou na columna da dereita pinchar en blogs/Departamento de orientación/#EUQUÉDOMENACASA ou Novas Orientación.

Moito ánimo e un afectuoso saúdo!

A Orientadora

Pautas para as familias e o alumnado e unha guía moi útil para estes tempos de Coronavirus!

Se queredes acceder a estes documentos só tendes que pinchar no título deste enlace e abrir os documentos adxuntos.

Un saúdo!

A Orientadora!

Aquí tendes unhas pautas para estimular a linguaxe na casa:

 

Pinchade na imaxe ou no seguinte enlace: Pautas para estimunlar a linguaxe na casa.

 

Coidádevos e un saúdo da profe de Audición e linguaxe!!

Para convivir e levar mellor a cuarentena a través do libro: "Amar":

A actividade consiste en ler unha páxina cada vez que toda a familia se xunte na casa, e seguidamente conversar sobre o lido, anotando as palabras clave.

A continuación podedes pegalas nalgunha parede da casa, e crearedes a vósa propia árbore do amor. Unha árbore que nos dará refuxio en momentos de agobio, tensión, enfado ou tristura.

Por outro lado atoparedes recursos coma fichas para explorar as emocións, desenvolver ferramentas para alcanzar os soños, fomentar a empatía...

ANIMÁDEVOS!!

Nota: Podedes quitarlle unha foto á vosa árbore e envialas ao correo: ceip.bainas@gmail.com

O departamento de Orentación preséntavos unha serie de recursos,enlaces e actividades que vos poden axudar nesta época de confinamento.

Pinchade na imaxe ou no documento adxunto para abrir.

 

Más allá del balcón é un recurso para axudarnos a comprender un pouquiño mellor a situación actual que estamos a vivir nestes tempos de COVID-19.

PInchade na imaxe ou no documento adxunto.