Skip to Content

3º ENCONTRO CONVERSA CON FAMILIAS: OS RISCOS DA PORNOGRAFÍA NAS REDES

Desde o Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña retómase no presente 3º trimestre do curso 22-23 o programa integral "Espazo Educa_Creando Pontes". 

Esta terceira sesión  abarcará unha das temáticas máis demandadas polas familias: Os risgos da pornografía nas redes. Temática que permanentemente está nos medios de comunicación como unha das cuestións que máis fondamente preocupan ás comunidades educativas.

Esta exposición terá como ponente ao Dr. José Luis García, recoñecido e prestixioso psicólogo e sexólogo para informarnos e orientarnos do que podemos facer na familia para a prevención. Para consultar o seu traballo e traxectoria poden visitar a súa páxina web: José Luis García

Por primeira vez proponse unha sesión en formato virtual pola dificultade de achegar a este ponente de alto prestixio na temática a abordar.

Non é necesario inscribirse, tan só conectarse no día e hora correspondentes no seguinte: Enlace

Para acceder á actividade empregar o enlace que figura no cartafol anunciador. 

 

Data: mércores, día 10, maio de 2023
Hora: 18:00 h
Lugar:  espazo virtual



FOLGA TRANSPORTE ESCOLAR XOVES 27 DE MARZO

 Estimadas familias:

informámoslles que mañá, xoves 27 de abril, así como o venres 28, aínda que neste centro é día non lectivo, hai convocada unha folga do transporte público. Ao estar considerado o transporte escolar un servizo mínimo, desde as empresas de transportes intentarase dar o servizo, mais advirten que poden darse incidencias que provoquen retrasos ou anulacións dos buses. Calquera información que chegue ao centro ao longo do día de mañá, seralles comunicada a través da aplicación AbalarMóbil. 

No DOG de hoxe publícase a Orde do 21 de abril de 2023 pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga que terá lugar mañá día xoves 27 de abril de 2023.  A indicada convocatoria afecta o ámbito territorial das concesións do servizo público de transporte de viaxeiros por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos. Para acceder ao documento: Premer aquí.

 

 

 

 

 

Día non lectivo: venres 28 de abril

O venres 28 de abril, o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo elixido polo centro.

Volvemos ás aulas o martes 2 de maio.

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

Desde mañá, 25 de abril, poderán consultar as listaxes provisionais de admitidos das solicitudes presentadas en período ordinario de admisión. Estarán expostas no taboleiro de anuncios no interior do edificio ao lado de administración.

 

Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

 

Disporán de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación para formular reclamación.

As listaxes definitivas sairán publicadas o 15 de maio.

 

 

APERTURA PRAZO SOLICITUDE SERVIZO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Imágenes de Transporte Escolar - Descarga gratuita en Freepik

Quen debe presentar a solicitude?

Todo o alumnado matriculado no centro que non foi usuario do servizo de transporte escolar durante o curso 2022-2023 e que desexe facer uso deste servizo no curso 2023-2024.

Todo o alumnado que foi usuario de transporte escolar das paradas Ponte do Ba 1 e Ponte do Ba 2 por seren ambas paradas excepcionais, polo que é necesario renovar a solicitude anualmente.

O resto do alumnado que fixo uso de transporte do resto das paradas durante o curso 2022-2023 NON é necesario presentar ningunha solicitude de renovación, faise de xeito automático.

 

Debo presentar solicitude de baixa no servizo de transporte?

Si, se sabe que durante o curso 2023-2024 non vai precisar este servizo. Así mesmo, en calquera momento do vindeiro curso non vai facer uso do mesmo é preciso solicitar a baixa do servizo.

 

Cando e como presentar as solicitudes de alta e/ou baixa no servizo de transporte?

Desde o luns 24 de abril ata o venres 19 de maio. 

Poderase entregar a través do correo electrónico de administración: administracion@ceipdearteixo.org e poñendo como asunto da mensaxe: Solicitude alta/baixa/renovación servizo transporte segundo corresponda. En caso de elixir esta opción, confirmar telefonicamente ou ben a través dun correo se a súa solicitude foi recibida correctamente.

Tamén se poderá entregar de xeito persoal na secretaría do centro de luns a venres de 9:50 a 11:45 horas.

A  continuación poden descargar os impresos necesarios así como consultar a circular informativa sobre este servizo. Os impresos tamén se poderán recoller en administración do centro no horario de atención ao público, tal e como se indicou anterioremente.

 

 Impresos:

Circular informativa transporte escolar. 

Solicitude alta/renovación de transporte escolar curso 2023-2024.

Solicitude de baixa no transporte escolar curso 2023-2024.

 

 

 

 

Días non lectivos

Tipografía de vacaciones | Vectores de dominio público

Lembrámoslles que as vacacións do segundo trimestre abranguerán desde o 1 ao 10 de abril, ambos incluídos, polo que o centro permanecerá pechado.

Volvemos ás aulas o martes 11 de abril.

PILABOT: Concurso de cartel publicitario


Premer no cartel para maior información.

SOLICITUDES ADMISIÓN FÓRA DE PRAZO- CURSO 2023-24

A partir do 21 de marzo, poderán presentar no centro, a solicitude de admisión fóra de prazo para o curso 2023-24, para aquelas familias que non o fixesen no período ordinario.

 

A documentación solicitada é a seguinte:

   1. Impreso solicitude admisón fóra de prazo. Premer aquí. 

Importante:

  • Cubrir os datos con claridade.
  • Incluír sempre un enderezo electrónico.
  • Esta solicitude deberá estar asinada por ambos proxenitores ou persoas titoras ou acolledoras, agás nos casos de violencia de xénero ou nos casos nos que a patria potestade estea atribuída con carácter exclusivo a un deles.

 

   2. Copias dos DNI de ambos proxenitores e do alumno/a.

   3. Copia do libro de familia.

 

   4. Certificado de empadroamento da unidade familiar. De non residir no concello no que se solicita a praza, deberán adxuntar un xustificante do enderezo laboral.

 

   5. Certificación ou último boletín de cualificacións do centro educativo de procedencia.

 

   6. Se é o caso, copia do convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

 

   7. Se é o caso, documentación acreditativa da existencia de NEE do alumno/a solicitante.

 

Información a ter en conta:

  • A asignación de posto escolar é realizada pola Inspección Educativa de Arteixo por rigorosa orde de data e hora de rexistro de entrada no centro e despois da asignación de posto escolar aos solicitantes en prazo.
  • Non se bareman os criterios contemplados para as solicitudes de admisión que se presentaron en prazo.
  • De non existir vacante no nivel no centro solicitado seralle adxudicado de oficio un posto escolar noutro centro.
  • Non existe prioridade nin se realizan reservas de praza por NEAE en 4º de Infantil nin en 1º de Primaria. 

 

Para solicitar cita ou resolver calquera dúbida chamar ao teléfono 981 64 12 84

 

 

Conversa con familias: Comprender a adolescencia para educar desde a infancia

Desde o Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña retómase no presente 2º trimestre do curso 22-23  o  programa integral “Espazo Educa_Creando Pontes.

A próxima sesión presencial que abordará unha temática de máxima actualidade a día de hoxe e de máxima preocupación tanto nos centros como na sociedade en xeral. Neste encontro contaremos cun profesional do asesoramento educativo-condutual cunha ampla experiencia sistémica no tratamento de condutas e adiccións infanto-xuvenis.

Lugar: Centro Arteixo-Innovación (Avda Arsenio Iglesias)
Data e hora: mércores 22 de marzo de 18:00 h a 20:00 h. Para máis información sobre a sesión e forma de inscribirse.

 

Consultar o cartafol: PREMER AQUÍ.

Desde o CEIP de Arteixo animamos a toda a comunidade educativa a partircipar nesta xornada informativa.




 

RESOLUCIÓN SOLICITUDE PRAZAS PARA 1º ESO CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito Manuel Murguía foron admitidas. A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Web IES Manuel Murguía

Distribuir contido


by Dr. Radut