Skip to Content

HORARIO SECRETARÍA 22 DE ABRIL DE 2024

 

FOGGA: REPARTO DE LEITE. EDUCACIÓN PRIMARIA

A partir do mércores 3 de abril e durante 20 días consecutivos, seralle repartido leite 100% galego ao alumnado da etapa de Educación Primaria, correspondente ao segundo período de distribución de leite grazas á axuda convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

O reparto realizarase durante o período de lecer.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2023/2024

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
Pode atopar máis información no taboleiro de novas desta web ou no seguinte documento: Información

RESOLUCIÓN SOLICITUDE DE PRAZA PARA 1º E.S.O. CENTRO ADSCRITO IES MANUEL MURGUÍA CURSO 2024-2025

Comunicámoslles que todas as solicitudes de reserva de praza para 1º da E.S.O. no centro adscrito IES Manuel Murguía foron admitidas. Poderán consultar a listaxe na secretaría do instituto.

A formalización da matrícula deberá realizarse no instituto no mes de xuño. Páxina web IES Manuel Murguía

 

 

FOGGA. REPARTO FROITA FRESCA 2º PERÍODO DE DISTRIBUCIÓN

A partir do vindeiro luns 4 de marzo e durante 10 días consecutivos, levaremos a cabo o reparto de froita fresca ao alumnado da etapa de Educación Primaria, correspondente ao segundo período de distribución grazas á axuda convocada polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

ENTROIDO 2024- SEMANA DO MECO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2024

Distribuir contido


by Dr. Radut