LIBROS E GATOS

 

 Ao longo desta semana estivemos colaborando con Respeta, unha protectora de Marín moi disposta.

Un libro de agasallo a cambio de comida ou xoguetes, ese era o troco.
Hoxe, tivemos a sorte de que se acercaran ao cole e nos contaran un pouquiño o seu traballo e as historias dos seus michiños.
Hai que dicir que a rapazada de Ardán está moi comprometida co coidado dos animais, e os Michos deixaron hoxe a todos coa sensibilidade a flor de pel… GRAZAS
Nós puxemos o noso grao de area, e ti? Anímaste a colaborar? Seguro que a @respetaprote lle parece boa idea!

 

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930