Educación física
FÚTBOL SALA FEMININO "CASTRO"
Fai uns días tivemos a sorte de poder contar no noso colexio con varias xogadoras e membros do apartado técnico do equipo feminino de fútbol sala "Castro".
Con elas pasamos unha mañá moi entretida, durante a cal nos contaron a súa experiencia como futbolistas nun equipo de primeira división e nos invitaron a adestrar con elas. asi como a achegarnos as súas instalacións para probar este deporte e animarnos a continuar disfrutando con el.
Aqui tedes un pequeno video resumo do ben que o pasamos.
DEPORTES ALTERNATIVOS: O COLPBOL
Durante este curso, introducimos o Colpbol como un deporte que parte da igualdade entre xéneros e cuxo principal obxectivo é o disfrute e a aprendizaxe de valores asociados a actividade física, deixando a competitividade e individualidade nun segundo plano.
Aquí podedes ver un pequeno exemplo das súas normas e xestos técnicos máis báicos.
Magosto 2022
Durante a xornada do pasado venres tivemos o magosto no centro. O noso alumnado degustou o froito típico desta época e tivemos o pracer de desfrutar duns xogos populares organizados polo mestre Ramiro, profe de Educación Física.
Pasámolo xenial. Podedes ver un resumo da nosa xornada no seguinte link.
https://www.canva.com/design/DAFR6oYERxc/OuE0yBm5ipc945Z_VmM4FA/watch?ut...
Contratos programa: Alimentación Saudable
Este mes comezamos cun programa de educación nutricional que durará todo o curso.
Neste trimestre comezamos con
EDUsaúde: O centro como dinamizador de vidas saudables.
Este prorgrama pretende empoderar aos escolares con coñecementos nutricionais de maneira ampla e adaptada a cada ciclo escolar e condicionar as súas decisións como consumidores.
Os pais podedes acceder a un resumo mensual do ensinado no centro en www.sanaelhoy.com
https://www.canva.com/design/DAFN_hK5HIA/8PllUlj4cSNoUjfo9UU-7w/watch?ut...
Deporte escolar inclusivo
O pasado venres o noso alumnado de 5º e 6º participou nunha actividade que tiña como finalidade dar a coñecer o deporte inclusivo e poñer nas súas mans as ferramentas necesarias para que esta concienciación fora o máis productiva posible.
Do mesmo xeito puidemos desfrutar dunha xornada de convivencia con 4 centros máis de Lugo cidade grazas a Asociación Enki.
Poñeremos en práctica estes deportes no noso centro como nas Paraolimpiadas que celebramos no 2019..... todo se andará en beneficio da inclusión.