DEPORTES ALTERNATIVOS: O COLPBOL
Durante este curso, introducimos o Colpbol como un deporte que parte da igualdade entre xéneros e cuxo principal obxectivo é o disfrute e a aprendizaxe de valores asociados a actividade física, deixando a competitividade e individualidade nun segundo plano.
Aquí podedes ver un pequeno exemplo das súas normas e xestos técnicos máis báicos.
Premios MOEXMU 2023
Este pasado luns, en Muimenta, entregaronse os premios de Redacción e Debuxo da festa da filloa da MOEXMU.
O noso alumnado participou nesta iniciativa impulsada polas titoras e titores do noso centro.
Presentáronse en varias categorías e o resultado foi espectacular.
Obtiveron dous premios, un na categoría de Narrativa e outra de Debuxo.
Os nosos gañadores foron:
Eva Cabado de 5º de Educación Primaria e Érik Lorigados de 4º de Educación Primaria, a primeira na categoría de narrativa e o segundo na categoría de debuxo.
Noraboa aos gañadores e, sobre todo, a todos e todas as participantes.
Para ver a entrega picade na foto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »