Convivencia

A vida en familia

Jean Smith (director do Instituto Latinoamericano de Prácticas Restaurativas, entidade internacional que promove a responsabilidade social e fomenta as relacións cidadás) compartiu con nos, nunha formación, estes tres documentos do Ministerio de Educación do Ecuador, os cales brindan ferramientas moi útiles para a resolución pacífica de conflictos en todos os ámbitos. 

Polo que encántanos compartir este valioso material con vos e esperamos que vos sexan de gran utilidade.

 

           

          Comunicación non violenta                                Escoita                         Xestión e estilo de autoridade

Punto Laranxa contra o Acoso Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar
 

 

QUE É O PUNTO LARANXA?

É un espazo para que o alumnado poida comunicar situacións de acoso escolar de xeito anónimo, tanto en formato papel como en formato dixital.

POR QUE USALO?

  • Porque che permite expresar o que che está a acontecer sen medo a represalias.
  • Porque a túa denuncia será escoitada e tomaranse medidas para axudarche.
  • Porque non tes que sufrir en silencio.

 COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA?

Se estás a sufrir acoso ou ciberacoso escolar ou coñeces algún posible caso, axúdanos a paralo!

  1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.
  2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (corredor ao lado de Secretaría.)
  3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu centro).

Tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa Virtual  que tes no lateral dereito da páxina web do colexio. As comunicacións realizadas a través deste formulario web irán a un enderezo habilitado para a coordinación de convivencia do colexio.

LEMBRA!

  • O Punto Laranxa é anónimo.
  • A túa denuncia será tratada con confidencialidade.
  • Hai persoas que te queren e te apoian.
Distribuir contido