Rematamos o proxecto cun maravilloso concerto!!!

Para rematar o proxecto do tigres,  puxémonos o noso disfrace e estivemos de excusión polo cole. Fomos a cantar a canción que aprendemos, aos nosos amigos e amigas de 3 e 5 anos, ás súas aulas. E logo, quixeron vernos os amigos e amigas de 3º de Educación Primaria, e démoslle un concerto na nosa clase. Fixéronno xenial!!!