SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso fomos as encargadas e encargados de decorar co motivo das Letras Galegas o panel das escaleiras da nosa banda do cole.

Decidimos que fose unha imaxe de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e unhas árbores do noso monte sobre un libro aberto cheo de nomes tamén de árbores da nosa contorna.

Botámosnos ao monte galego!

 

Co motivo desta celebración houbo un concurso argallado polo equipo de Dinamización da lingua: un Pasapalabra sobre o autor. Participamos todas e todos e saimos premiados algunha e algúns. 

 

Na biblioteca, como non podía ser menos, a nosa amiga A Meiga Tintureira tivo en conta estas datas especiais para a nosa lingua e preparounos un Recuncho das Letras variado en temas e estilos.

O único que non variaba é que todos estaban escritos na lingua homenaxeada.

Na Nosa língua.