A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS

Este ano estamos a traballar no colexio o tema da MÚSICA, baixo o lema A ritmo de Tintureira!. 

Os nosos compañeir@s de 6ºprimaria ao longo de todo o curso escolar presentarán na biblioteca do centro distintos estilos musicais. 

MÚSICA POP

 

QUE É?

O POP é un xénero musical que xurdíu do rock nos anos sesenta no Reino Unido e Estados Unidos.

A QUE DEBE O SEU NOME?

A palabra POP ven da expresión inglesa “popular music” e non era entendida como un xénero musical con características propias, senón que era entendida como o contrario á música de culto, á música clásica. O POP entendíase como ese gran grupo de música para a xente de escasa cultura musical. Co tempo o POP foi gañándose moitos seguidores, polo que xa se considera un xénero musical independente.

Derivados do POP podemos falar de subxéneros como o INDIE POP, POP COMERCIAL, POP ELECTRÓNICO, POP TRADICIONAL, POP LATINO.

CARACTERÍSTICAS

A música POP caracterízase por composicións sinxelas, cunha estructura repetitiva e estribillos simples e pegadizos. As letras a miúdo, tratan sobre o amor, a amizade, ideas románticas e sobretodo como pasalo ben.

Artistas actuais destacados da música POP entre outros, Madonna, Enrique Iglesias, Michael Jackson, Shakira, Ricky Mártin.

 

 Aquí tendes un vídeo(preme na imaxe).