SAMAÍN 2017

O día 31 de Outubro celebramos na escola "O samaín" e os nen@s de infantil e primaria tiveron unha sorpresa monstruosa:

Os seus compañeir@s de 6º de primaria na sesión de lectura e ataviados para a ocasión con disfraces, foron polas clases para contar e dramatizar uns contos moi especiais DE MEDO.

Tamén durante toda a semana decoramos a escola coas terroríficas cabazas que trouxeron as familias.