CELEBRACION LETRAS GALEGAS 2017
Enviado por Manuela o 19 Maio 2017 - 9:00pm
O martes 16 de maio conmemoramos o día das Letras Galegas, nun ano adicado a figura de Carlos Casares. Escoitamos a biografía da man dos nenos e nenas de 5º curso de Primaria. Sensibilizámosnos co problema do acoso escolar grazas ao rap dos nenos e nenas de 6º curso, "Stop ao Bulling".
E puxémoslle voz e música ao libro "A Galiña Azul" de Carlos Casares, acompañados pola profesora de música.
Rematamos co exitoso Mercadiño de Libros Usados, ao cal este ano uniuse o alumnado de 6º curso, onde puxeron en práctica os seus proxectos de aula empresariais.
MAIS FOTOS DO DÍA NA "GALERIA DE FOTOS" |