CONVIVENCIA COS NEN@S DA ESCOLA INFANTIL LÚA

Os nen@s da Escola Infantil Lúa pasaron unha mañá de convivencia cos nosos alumn@s de Educación Infantil.

Nas aulas de infantil e psicomotricidade compartimos xogos, na biblioteca estivemos moi atentos a representación que nos fixeron os nen@s de 3ºB, tamén cantamos, bailamos e para rematar a festa tomamos un chocolate con biscoitos.

Ata a próxima amig@s!!!