EDUCACIÓN VIAL

VISITA AO CASTRO

Como en anos anteriores e, dentro da campaña de educación vial do Concello, o alumnado de 6º de Primaria participou nunha actividade no circuito de bicicletas do parque de O Castro.

Asesorados pola policía local, asistiron primeiro a unha actividade teórica e, despois, puxeron en práctica o aprendido. Polos seus comentarios, disfrutaron moito e aprenderon normas que descoñecían sobre a circulación en bicicleta.

Poderá obter información sobre esta campaña do Concello de Vigo, premendo na seguinte dirección:

http://es-es.facebook.com/pleducacionvialvigo