LETRAS GALEGAS 2021

Este ano fixemos unha morea de cousas.

 

Comezamos pola presentación do obradoiro "Educar tamén coa comida", onde aproveitamos para amosar un pouquiño da marabillosa gastronomía que temos na nosa querida Galicia. Grazas aos nos@s estupend@s cociñeir@s, fíxosenos a boca auga!!!!CansoA que dixen

 

                

 

 

Xela Arias foi a protagonista indiscutible do Día das Letras Galegas 2021. Neste acróstico que prepararon os rapaces e rapazas de 3º curso de Primaria, pódense ver todas as cualidades que facían á nosa protagonista unha muller única!!Guiño

 

         

 

 

 

O alumnado de 1º e 2º curso de Primaria lembrou un dos máis emotivos poemas da autora; o que lle compuxo ao seu fillo Darío. Non vos podedes perder o vídeo!Sorprendido

 

   

 

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria interpretaron unha obra de teatro baseada no conto escrito pola autora homenaxeada: "A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia".

Con este orixinal relato, Xela Arias proclamouse gañadora do concurso literario "O Facho" á edade de... once anos!!

 

 

 

Pero... pensades que isto rematou? Pois non!!

Decidimos darlle a nosa despedida a Xela Arias cunha celebración. Repasamos os principais momentos da vida da autora e as súas máis importantes aportacións. Limos o acróstico, e como broche final... canción cantada e bailada por todo o cole nesa lingua galega que tanto amou Xela.

 

Próximamente publicarase na web un vídeo do acto de celebración. Ata o vindeiro curso!!Sorriso