Entroido 2021

O Entroido chegou un ano máis, pero este ano vímonos na obriga de adaptar a nosa tradicional festa. Tivemos que renunciar á xornada gastronómica, a desfiles e a visita das familias. Aínda así, quixemos facer especial esta celebración, polo que seguindo os protocolos desfrutamos dunha divertida festa onde o principal protagonista foi o Meco, o cal este ano máis ca nunca recibiu unha merecida sentenza.