ENTROIDO 2021

   
   

O vindeiro venres 12 de febreiro, celebrarémolo Entroido no colexio cunha pequena festa para o alumnado.

Para elo, e tendo en conta o proxecto deste curso "FAI 50 ANOS...", nada mellor que elixir disfraces que representen a década dos 70.

Para que vos fagades unha idea, deixámosvos uns exemplos para que elixades o que vos sexa máis doado, e que os vosos fillos e fillas disfruten do Entroido co "look" perfecto para lembrar o estilo daquela época.

Comunicámosvos que a ANPA, no día da festa, repartirá entre o alumnado unha filloa e un zume no recreo, e así desfrutar dun postre típico de Entroido.

Sabedes que debido á situación excepcional que estamos a vivir, e seguindo o protocolo, non poderemos organizar a tradicional Xornada Gastronómica, nin permitir a asistencia das familias á celebración do Entroido. Verémonos no vindeiro Entroido!!!