blogue deCarmen

ENTROIDO 2016

O venres 5 de febreiro celebramos no colexio a FESTA DO ENTROIDO, adicada nesta ocasión e por mandato da nosa Meiga Tintureira ao mundo da ciencia.

Disfrutamos dun tempo marabilloso, polo que puidemos desfilar polo patio e pasear os nosos disfraces polo barrio.

 

Finalizamos a celebración cunha nova FESTA GASTRONÓMICA, disfrutando dos ricos pratos preparados polas familias.

Toda a festa resultou un éxito e pasámolo estupendamente.

Ver galería de fotos

 

Estes foron os mandatos do Meco para a semana do Entroido:

O MECO MANDA, O MECO ORDENA,

CUMPLE A ORDE OU SUFRIRÁS CONDENA!

 

O MARTES tes que vir

cuns calcetíns moi coloridos

por fora do pantalón

e non fagas o remolón.

 

O MÉRCORES traerás

o nariz pintado de rato

se non queres caer nun burato.

 

A orde para o XOVES é traer

unha prenda de roupa do revés,

que che parece, como o ves?

 

O VENRES por fin virás

co teu fantástico disfraz,

cos teus amigos, profes e familia

do mellor Entroido disfrutarás.

Distribuir contido