blogue deElenaPena

ANIVERSARIOS 3º EP

Aquí unhas fotiños das doces celebracións de aniversario.

 

A despedida de Marta

Despois de tanto tempo con nós no comedor, Marta marchou. Quixemos que na súa despedida levase un recordo de todo o centro e esta foi a nos aportación en imaxes e coas palabras que foron xurdindo ao intentarmos describir o seu traballo con nós e describila a ela.

 

Marta é...

Marta, grazas por...

 

 

Monte e arte. O monte é arte.

Nenas e nenos de 2ºB coas nosas familias quixemos facer uns traballos nos que se salientasen as posibilidades artisticas do monte, dos seus compoñentes e dos materias que del podemos obter.

O resultado foi esta exposición que todo o centro puido ver e coñecer.

Monte e arte. O monte é arte.

O monte e a Música

Con este título os nenos nenas e familias de 2ºA fixemos unha exposición de traballos feitos por nós sobre a relación entre o monte, as árbores, os animais,... e o mundo dos sons, instrumentos e a música.

O resultado foron diferentes e variopintas achegas de información e materiais cos que todo o colexio desfrutou e aprendeu.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso fomos as encargadas e encargados de decorar co motivo das Letras Galegas o panel das escaleiras da nosa banda do cole.

Decidimos que fose unha imaxe de Antón Fraguas, o homenaxeado deste ano, e unhas árbores do noso monte sobre un libro aberto cheo de nomes tamén de árbores da nosa contorna.

Botámosnos ao monte galego!

 

Co motivo desta celebración houbo un concurso argallado polo equipo de Dinamización da lingua: un Pasapalabra sobre o autor. Participamos todas e todos e saimos premiados algunha e algúns. 

 

Na biblioteca, como non podía ser menos, a nosa amiga A Meiga Tintureira tivo en conta estas datas especiais para a nosa lingua e preparounos un Recuncho das Letras variado en temas e estilos.

O único que non variaba é que todos estaban escritos na lingua homenaxeada.

Na Nosa língua.

RECUNCHO DO CÓMIC NA BIBLIOTECA

Desta vez, a Meiga Tintureira fíxonos desfrutar co mundo do cómic cunha nova exposición.

O UNIVERSO E OS PLANETAS

APROVEITANDO QUE ESTABAMOS COTEMA DO UNIVERSO, GALAXIAS, PLANETAS E OUTROS ASTROS, ÁS MESTARAS OCURRÍRONSELLE DÚAS ACTIVIDADES MOOOOOI INTERESANTES.

UNHA DELAS FOI A VISITA AO COLE DUN ESPECIALISTA ASTRÓNOMO CO SEU PLANETARIO XIGANTE. UNHA ACTIVIDADE QUE NOS DEIXOU ABRAIADAS E ABRAIADOS A NENAS, NENOS E ADULTOS QUE TIVEMOS A SORTE DE DESFRUTALA.

Co aprendido fixemos o noso Lap Book do Sistema Solar.

 

Día do libro? No Tintureira unha semana!

Celebramos a semana do libro facendo a "Hora de ler" en diferentes lugares do centro. o venres , como o tempo nos dou unha tregua foi na nosa particular BIBLIOPATIO

¡ Vivan las uñas de colores!

Co motivo da exposición da biblioteca inclusiva as mestras e mestre organizaron un contacontos cunha actividade moi interesante e divertida.

Uñas de cores para todxs!!!!!

Agora si! Botámonos ao monte!

Aproveitando un día solleiro como houbo poucos fomos ao monte para aportar o noso gran de area na reforestación do monte.

 

Distribuir contido