Blogues

O Recuncho do Amor

Na biblioteca preparáronnos un Recuncho do Amor onde disfrutamos con lecturas en galego e castelán que sempre tiñan algo en común. Que sería? 

Pois si, todas eran historias de Amor. En prosa, en verso, cómic,...

Amor entre ratiños, mozas, mozos, pingüíns, avós, papás e mamás, ...

O caso é que o disfrutemos! O Recuncho da lectura e o Amor, por suposto!)

 

 

DÍA DAS MULLERES

O Día da Muller celebrámolo por todo alto cunha exposición de retratos de mulleres importantes nas nosas vidas.

 

Tamén baixamos á biblioteca os nenos e nenas do ciclo que viñemos ao colexio ese Día a facer unha actividade moi interesante: "As mulleres secretas" 

Marabillas de mulleres

Marabillas  de  mulleres

Neste mes de marzo, co gallo da conmemoración do "8 de Marzo, Dia Internacional da Muller traballadora",o alumnado de 6º implicouse nesta causa con

diversas actividades que amosan, en certa medida, a súa merecida valoración.

Entroutras, destacan algunhas relacionadas con mulleres loitadoras ao longo da historia e no seu día, pouco recoñecidas.

Este é o caso de Alfonsina Estrada, da que amosounos informacións moi destacadas, Sandra de 6º B.

           

ALFONSINA    STRADA

Ciclista Italiana nacida o 16 de marzo do 1891. Faleceu o 13 de setembro do 1959 en Milán . Segunda de dez irmáns. Era unha nena que conducía a súa bicicleta tán rápido que nin sequera chegaban a vela pasar .                                                   

A súa primeira bicicleta foi unha do seu pai, ao pique do desguace.­                                                                                                    

 –“Ten coidado Alfonsina!” -gritábanlle os seus pais- . Pero era demasiado tarde, porque xa estaba moi lonxe para oílos                                                                                                                                         Antes dos catorce anos xa participaba en concursos a escondidas dos seus pais .   Súa nai, descubriuna e díxolle que para seguir correndo tiña que casar. Casouse aos catorce anos cun mecánico.   A súa familia tiña a esperanza de que por fin renunciara á loca idea de converterse en ciclista profesional.    Sen embargo, o dia da súa voda, o seu marido regaloulle unha bicicleta de carreiras.Despois, mudáronse a Milán, onde Alfonsina comezou a entrenar de forma profesional. Era tan rápida e tan forte que uns anos despois participou no ´´Xiro de Italia ´´, unha das carreiras máis duras do mundo. Ningunha outra muller intentárao antes.                                                                                                                                                                                                                          –“Non o logrará” -dicía a xente-. Pero non había forma de detela. Foi unha carreira longa e esgotadora, con fases de vinte e un días, nalgúns dos percorridos montañosos máis empinados do mundo. Dos noventa ciclistas que comezaron  a carreira só trinta cruzaron a meta. E Alfonsina foi unha delas. Recibírona coma unha heroína.  

Por desgraza o ano seguinte prohibíronlle competir. –“O Xiro de Italia é unha carreira para homes”–,  declararon os organizadores. Pero iso non a detivo.

Atopou a forma de competir e estableceu un récord de velocidade que mantivo durante vinte anos.

A Alfonsina alegraríalle saber  que as cousas cambiaron moito dende entón.                                                                                             

Agora o ciclismo feminino é moi popular.       

      E é un deporte olímpico!!

-Sandra  Vila- 6º B

 

Noutra perspectiva, pensamos nos mulleres que están preto de nós e que teñen un significado especial e positivo na nosa vida.

Deste xeito, ao nenos e nenas de 6º, elixiron unha muller que dalgunha maneira marcara a súa vida favorablemente.

Apareceron descricións e imaxes preciosas e entrañables.

A seguinte é unha delas.

 

Daniela    Covelo    Rodríguez

 Daniela é unha nena moi activa e lle encanta facer locuras.

Fai as cousas a súa maneira, amosando a súa imaxinación e creatividade.                                                                                                                                               

 O que máis lle gusta son as princesas, os tobogáns, a cor azul e a rosa e, sobre todo, Elsa, a princesa do xeo da película de “Frozen”.                                                        

Pero o que máis lle gusta do mundo é estar, como dí ela, coa súa ``xente´´, máis coñecida como a súa familia.                                                                   

É moi pesadiña pero é a miña princesa, a miña Elsa. É rubia cos ollos marróns e verdes e ten unha manchiña marrón en forma de puntiño no ollo dereito.

Naceu cun bulto no nariz e meses despois a operaron para quitárseo.                                     

É demasiado enérxica, moi aventureira. Sempre faime rir. Póñome de bó humor só con vela. Sempre quere estár comigo, ata chora por mín.   

Facemos moitas locuras xuntas, demasiadas para ser verdade.                                                       

 É unha loitadora, nunca abandona o seu obxectivo e isto só con catro anos.                                                                                                                                                                              Cando entereime de que ía nacer, a alegría encheume o corpo. O seu nome elixino eu e, por iso, ten o meu toque especial.                                                                                                         Din que nos parecemos por ser as dúas unhas tolas. E iso non o discuto. A locura a levamos no sangue.

Ela é a causa do meu sorriso.    

                            A   MIÑA   IRMÁ…..,  QUEN  O   ÍA   DICIR.

     

NON É QUE NOS PAREZCAMOS MOITO,  PERO A  QUERO UN MONTÓN.

 

 

 

                                                         -Ángela, 6ºB-

 

 

 

 

PAIASADA EN TINTURARTE ---- 1º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Como xa temos rematadas algunhas das actividades do Entroido, imos comezar polo 1º curso @s cales realizaron un paiaso.

 

Para esta actividade seguiron os seguintes pasos:

Pintaron a cara con ceras, recortárona, pegárona con pegamento sobre unha cartolina, decoraron a paxarita con anacos de papel de seda, puxéronlle cabelo con palliñas e decoraron o fondo con témperas empregando a puntiña do dedo índice.

Velaquí o proceso:

 

 

 

 

 

 

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

Retratad@s! -------- 3º curso

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Como non podía ser doutra maneira, os nenos e nenas de 3º curso tamén fixeron o seu propio retrato pero cun formato diferente.

Nesta ocasión convertimos os retrato nun títere.

 

 

En primeiro lugar, debuxaron e pintaron a cara, e despois, pegáronlle no sitio do cabelo, follas de árbores.

 

Velaquí o resultado:

 

 

 

O resultado foi do máis simpático!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!!

 

SIMETRÍAS NA NATUREZA ----- 4º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Os nenos e nenas de 4º curso realizaron esta actividade para traballar a SIMETRÍA.

Empregamos debuxos de animais do monte como o moucho, a bolboreta e o cabaliño do demo.

En primeiro lugar, pintaron unha base multicolor con acuarelas.

A continuación, escolleron o debuxo e cortárono pola metade.

Despois, calcaron co lapis esa metade sobre a cartolina negra e recortaron con precisión pola marca, pois as dúas partes resultantes serán empregadas na actividade.

 

Por último, pegamos as dúas partes obtidas sobre a base de acuarelas facendo a simetría en contraste.

 

Quedaron ben fermosos! Bo traballo!!

 

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

SAÍDA AO CIRCUITO DO CASTRO

SAÍDA AO CIRCUITO DO CASTRO

O pasado luns, 11 de marzo, os nenos e nenas de 6º B, tivemos o privilexio de facer unha actividade sobre Educación Viaria no circuito do Castro.

Aprendimos cousas novas e lembramos outras que xa sabiamos.

Fumos peóns, condutores e policías e disfrutamos das bicicletas seguindo as normas de tráfico correspondentes.

Foron moi útiles para nós, as mensaxes recibidas por parte dos policías ca transmitiron, Pablo e Pilar.

Ao final fixemos unha pequena avaliación e valoración da nosa actividade.

Encantounos.  Moitas grazas a Pablo e a Pilar polas súas informacións !!!!  ATA  A  PRÓXIMA !!

 

 

 

 

O MONTE DE 3º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!!

 

Con motivo do proxecto que estamos traballando este ano no cole

"Botámonos ao monte",

os nenos e nenas de 3º fixeron a súa propia versión do monte de Coruxo.

O resultado foi moi orixinal, e ademáis, comprobamos que con materiais reciclados, como cartón ou periódico, podemos facer grandes obras de arte!!

 

Velaquí o proceso:

En primeiro lugar, pintaron o fondo con acuarelas.

 

 

A continuación, para facer os troncos, cortaron anacos de cartón groso e quitáronlle unha das capas que o recubren e así descubriron a textura das ondas.

 

 

 

 

 

 

 

 

E por último, para facer a copa colocamos periódico arrugado pintado de verde.

 

 

 

Agardamos que vos encanten os nosos traballos!!!

 

MOITOS AGARIMOS 

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!!

 

 

PARABÉNS DAVID !!!!

PARABÉNS   DAVID !!!!

Onte lembramos con moito agarimo o cumpleanos de David.

e.... qué mellor maneira de celebralo que coa visita ao circuito de Bicicletas do Castro!!!

Tivo a sorte de disfrutar desa coincidencia.

Realmente un día estupendo, no que aprendimos cousas interesantes relacionadas coa Educación Viaria e disfrutamos moito. Un bo agasallo para David.

 

 

PARABÉNS DAVID !!!!     

Inocente

Inverno Tintureiro ----------- 1º Curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Despois dunha primavera adiantada...

parece que volveu o frío, o vento e a chuvia!

 

Así que... qué mellor momento para ensinarvos

O INVERNO TINTUREIRO

que realizaron os nenos e nenas de 1º curso!

 

 

Sobre unha cartulina negra, realizaron a neve cos dedos combinando a cor blanca e dous tonos de azul.

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois, recortaron anacos de papeis de seda de diferentes cores para posteriormente, pegalas sobre a árbore.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Por último, realizamos unhas fotos moi simpáticas para rematar a obra de arte!

 

 

 

 

 

Agardamos que vos encanten!

 

Moitos agarimos

e a seguir traballando con tanta arte!

 

 

Distribuir contido