Novidades
CONCURSO "ADIVIÑA QUE LLE BOTARON NA COCIÑA"... ¿QUE LEVA A MASA DA PIZZA?
Enviado por ElenaValle o 15 Febreiro 2023 - 7:36pm
|
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "NON SOMOS LIXO" E COMO NÓS, TAMÉN RECICLAMOS.
Enviado por ElenaValle o 1 Febreiro 2023 - 6:40pm
Botella, que soñaba con ser outra cousa, pasaba as horas agardando que algo emocionante lle pasara... E isto foi o que lles pasou aos vasiños dos nosos iogures ecolóxicos de XANCEDA. Non hai nada máis emocionante que ter unha segunda vida mellor, como envase da nosa versión de tarta da voa, e acabar na festa de aniversarios do CEIP A PAZ!!! Menuda a que montamos! E ademais dos aniversarios de unha chea de nenos que cumpriron en xaneiro, esta vez, tamén se animaron a celebralo con nós, As Profes Patri, Eva e Elena Pena, o coidador Alex e Vera. Parabéns a todos!!!. Unha moi boa recomendación lectora, para seguir coidando do noso planeta e avanzando co proxecto "Érase unha vez... a historia de ler" SLOW FOOD COMPOSTELA.
|
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: ¿"PAN DE NUBE" OU CHORIPAN?
Enviado por ElenaValle o 27 Xaneiro 2023 - 6:13pm
O pan do martes pasado, nin apareceu nunha pola, nin está feito de nube. Porque o noso pan está elaborado no cole, con moito cariño, fariña de trigo Caaveiro (autóctono gallego), auga, levadura e...chourizo!!! Dí este conto que, cando comes un pan de nube, corres o risco de voar. Pois no comedor do CEIP A Paz Tintureira, os que voaron foron... os Choripáns!!! Outra recomendación lectora para o noso proxecto "Érase unha... vez a historia de ler". Slow food Compostela.
|
RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: RESOLVENDO UN CASO CON... "PERROCKHOLMES, DOS DETECTIVE Y MEDIO"
Enviado por ElenaValle o 20 Xaneiro 2023 - 4:42pm
Menudo problemón! Non vos imaxinades o disgusto que ten a nosa pequena Xulia de infantil, porque o peixe que leva o seu nome, desapareceu da porta da cociña. Rumoréase entre os rapaces, que un ladrón entrou pola noite. O misterio chamou á nosa porta, temos que chamar a Perrock, Perrock Holmes... Pedimos colaboración para atopar este peixiño. Ofrécese recompesa!!! E así, a cociñeira Libia lévanos a libros de detectives que nos poden axudar a resolver o problema e contentar a Xulia. E tamén, a seguir co proxecto da blibio "érase unha ver...a historia de ler". O caso rematou como era de esperar, e Xulia xa está contenta porque o peixiño xa está con nós. |
COMEZAMOS O ANO NOVO DO COMEDOR, CO ROSCÓN DE REIS QUE NOS FIXERON.RIQUÍÍÍÍÍÍSIMO!!! E ESTE ANO COMO NOVIDADE O QUE ATOPOU A FABA TIVO PREMIO.
Enviado por ElenaValle o 11 Xaneiro 2023 - 7:40pm
|
RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: ANACLETO Y LA CROQUETA
Enviado por ElenaValle o 11 Xaneiro 2023 - 6:49pm
Anacleto é un neno ó que lle encantan as croquetas, un neno igualiño os do noso comedor. Soamente co ben que cheira no cole, a todos nos medran os dentes e nos ruxen as tripas, ata que chega a moi esperada hora de comer. É que as nosas croquetas son riquísimas porque son CROKETAS D´que están elaboradas en Casto de Rei. E son tan especiais, proque están elaboradas con ingredientes galegos, sen conservantes, nin colorantes. Por iso, hai uns días agardabamos que non rematara o día en pesadelo coma o de Anacleto... E rematou como tiña que rematar... ¿podo repetir croquetas? Outra historia culinaria coa que dende a nosa cociña, seguen a colaborar co proxecto de centro "Érase unha vez... a historia de ler" Slow food Compostela.
|
RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: SOPA VERDE.
Enviado por ElenaValle o 23 Decembro 2022 - 7:00pm
Hoxe sopa verde!!! A piques estiveron de recibir unha folla de reclamación pola sopa que fixo a nosa cociñeira esta semana. Pero pasoulles igual que ó coelliño, probaron e non estaba tan mal a cousa como pintaba... Levaba espinacas e acelgas da nosa horta favorita: A Leira de Lola. E seguimos medrando e coñecendo máis contos que nos agardan con receitas literarias, para enriquecer o noso proxecto da biblioteca "Érase unha vez... a historia de ler". Slow food Compostela. |
RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: AS FABAS MÁXICAS!!!
Enviado por ElenaValle o 17 Decembro 2022 - 7:22pm
Así o explica Libia, a nosa cociñeira: Xián trocou unha vaca vella por un puñado de fabas máxicas. Esas fabas medraron e Xián trepou con elas ata unha terra descoñecida. Os nenos e nenas do colecio Tintureira chaman á nosa porta, preguntándo que hai hoxe de comer, igual que Xián á porta do castelo. Nesta cociña non hai xigantes, nin fadas, nin galiñas que poñan ovos de ouro (como serían as tortillas de hoxe...) Nesta cociña comemos:
E a maxia vai por dentro. Eso dice ela... Pero nós sabemos que esa máxia é o toque especial e único de Libia e as súas axudantas, co que siguen alimentando de maravilla ao noso alumnado, e colaborando no proxecto da biblioteca do centro " ÉRASE UNHA VEZ... A HISTORIA DE LER". Slow food Compostela. |
UN CONSELLO DE COMEDOR DIFERENTE!!!
Enviado por ElenaValle o 30 Novembro 2022 - 12:17pm
Ante a imposibilidade de cadrar datas para o "III Consello de comedor", para preparar o menú de decembro, celebróuse un extraordinario á hora de comer.
E coma sempre... tomouse nota dos antoxos dos nosos usuarios e usuarias de comedor:
E ademáis... zamburiñas, langostinos e navallas, que deixarémolas para o 22 se a sorte nos acompaña. SON XENIAIS!!! |
RECEITAS LITERARIAS COA COCIÑEIRA LIBIA: UN FEITIZO DE HARRY POTTER?
Enviado por ElenaValle o 29 Novembro 2022 - 2:17pm
Hai uns días, Libia sorprendeunos no taboleiro do comedor coas palabras... MERLUCCIUS BILINEARIS!!! Non é era un feitizo dunha novela de Harry Potter. Era o nome da pewscadilla que íamos comer no noso comedor. Unha vez máis, Pescados Loureira deixounos abraiados coa súa calidade e o nos equipo de cociña coa súa elaboración, RIQUÍSIMA!!!. Slow food Compostela.
|