Novidades

TIVEMOS DEGUSTACIÓN DE GUACAMOLE NA "HISTORIA DUN AGUACATE"

 

RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: "¡QUE ASCO DE SÁNDWICH!".NO É ASÍ O DO NOSO COLE, NON!

                                            

REMATAMOS O TRIMESTRE CON "200 ROSCÓNS DE PASCUA" NUN OBRADOIRO MOI DOCE.

Fomos noticia con este obradoio tan doce, que nos organizou o noso estupendo equipo de cociña, coa nosa cociñeira Libia como promotora.

Mil grazas, porque foi un éxito e repetiremos os vindeiro anos.

CLICADE NO ENLACE PARA VER A NOTICIA: 

https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/03/31/maestros-reposteros-cantera-85421910.html

Os últimos días de cole, fixemos un obradoiro de roscón de Pascua con todos os nenos e nenas do colexio. Que ben o pasamos todos!

Algún entrou no comedor, despois de lavar as mans, como se de un quirófano se tratase. Hixiene ante todo!!!

Qué ilusión! e canta creatividade nun roscón! Redondos, avalados, trenzados, bolos, con azucre, con moita azucre e con "unha poca" laranxa. No primeiro turno, case quedamos sen laranxas, e tivemos que racionalas nos seguintes.

Gracias infinitas a todos e todas os que fixéstedes posible este obradoiro: persoal de cociña, profesorado, alumnado, Iago e esas nais que sempre están para todo. Sempre da gusto mirar a toda a comunidade, remar cara o mesmo lado.

E nos queremos esquecernos, e dende a nosa cociña pedimos disculpas pola intromisión en tan laboriosa profesión. A dos traballadores e traballadoras dos obradoiros de panadarías e pastelerías, que estes días están cos fornos acendidos as 24 horas. Porque non queren que falte ningún roscón nas nosas casas. 

Esperamos que chegara algo as casas, e o pudideses saborear en familia. 

E Tamén houbo o premio do gran roscón... ¡NORABOA, DANI!

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

No centro tivemos obradoiros, concerto con alumnado, familiares e Sabina unha das axudantes da nosa cocina, e baile. E por suposto, un riquísimo "caldo de gloria", no noso comedor.

Todo para celebrar o merecido día de Rosalía de Castro. 

  Aquí vos deixamos algúns videos da festa que tivemos.

 

 

CONSELLO DE COMEDOR DO MES DE MARZO

Seguimos contando coa opinión dos nosos asesores e asesoras, para a elaboración dos menús. Sempre coa nosa taboa de recomendacións saudables, que nos permite buscar uns platos equilibrados e con productos de tempada e de proximidade. 

 

A ESCOLA NO COMEDOR: FESTEXAMOS SAN VALENTÍN PORQUE COMPARTIMOS. NESTE CASO, UNHA RECEITA.

A nosa pequena Claudia Carneiro, fai xa tempo que nos troixo con moito "LOVE", esta receita de galletas.

Por ser hoxe un día moi agarimoso, Día De San Valentín, pensando que era unha ocasión moi especial para probalas.

Que non perdan o tempo os ladróns de Bumblefort, porque non quedaron nin as faragullas!

Compartimos a receita con permiso de Claudia, por petición da nosa afección.

 

 

Distribuir contido