blogue deElenaPena

A seguir contando, a seguir escoitando. A seguir desfrutando!

Nesta ocasión foron dúas compañeiras de 4º as que quixeron compartir con nós as vivencias de Malala e o seu lapis máxico.

Teatro e música en vivo.

Os compañeiros e compañeiras de 1º e 2º fomos a unha actuación de Mamá Cabra. Co título "Eu cociño, ti cociñas?" contáronnos e cantáronnos moitas cousas divertidas con ritmos pegadizos onde a cociña e as receitas son as protagonistas. Crema de cabaza, tomates recheos, ensalada de pasta, polbo á feira, filloas, pan,... A quen non lle apetecería un menú musical da maneira?

Botámonos ao monte... nos teus zapatos

O lema deste curso veunos moi ben para amosar todo o noso apoio e sensibilización no día do autismo. E tódolos días!

As 3 Rs

E vai un día e aparece unha camioneta no patio do cole. E, como nos picaba a curiosidade, alá que fomos mirar.

Que sorpresón!!! Nada máis e nada menos que nos topamos con Dinoseto e Dinosetiño que decidiron vir a amosarnos como Reducir, Reutilizar e Reciclar o lixo.

e, para seguir con esto da Reciclaxe, un científico un tanto peculiar visitounos na biblioteca.

Coa axuda dos Bolechas aprendemos moitas cousas sobre a Reciclaxe de aparellos electrónicos. E trouxo agasallos para todos e todas!

 

O Recuncho do Amor

Na biblioteca preparáronnos un Recuncho do Amor onde disfrutamos con lecturas en galego e castelán que sempre tiñan algo en común. Que sería? 

Pois si, todas eran historias de Amor. En prosa, en verso, cómic,...

Amor entre ratiños, mozas, mozos, pingüíns, avós, papás e mamás, ...

O caso é que o disfrutemos! O Recuncho da lectura e o Amor, por suposto!)

 

 

DÍA DAS MULLERES

O Día da Muller celebrámolo por todo alto cunha exposición de retratos de mulleres importantes nas nosas vidas.

 

Tamén baixamos á biblioteca os nenos e nenas do ciclo que viñemos ao colexio ese Día a facer unha actividade moi interesante: "As mulleres secretas" 

Pum-pum, pum- pum! Àbreme porquiño!!!

O Recuncho da poesía

Desfrutando dun novo Recuncho da Biblioteca

Máis contacontos!

MATRIOSCAS

Mira ti o que era esa boneca con outra dentro, e outra, e outra, e outra... que tiñamos na casa!!!!!

 

 

Distribuir contido