Actividades animación á lectura |
Lembrade que o xoves 21-12-2018, o derradeiro día lectivo do ano, o alumnado poderá vir disfrazado coa temática de nadal. Apalpador/a, Papá/Mamá Noel, rei Mago, Boneco/a de neve, Pastorciño/a... Bo Nadal e Boas Festas de parte de toda a Comunidade do CEIP Antonio Insua Bermúdez! Divertídevos, compartide, disfrutade da comida e bebida con moderación, practicade ahábitos saudables e facede algo de exercicio.
Subscribídevos ás canles de Youtube, Facebook e Twitter e non deixedes de visitar a nosa Web, Galería de Imaxes e a Aula Virtual. |
|||
Imos celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE o próximo martes 5 de decembro de 2017. No patio do CEIP Antonio Insua Bermúdez xuntarémonos co alumnado do CEIP de Román, do CEIP Mato Vizoso, da EEI Vilalba e co Centro Ocupacional de Vilalba. Interpretaremos unha fermosa e otimista canción do grupo Guadi Galego:" Chea de Vida". Non vos perdades as Micronovas, o Cartaz e os videos, tanto os didacticos da canción coma os do acto grupal intercentros . NOVA EDICIÓN DAS MICRONOVAS PRESENTADAS POR María C. e Silvia C.
Cartaz editado para o Día Internacional das persoas Discapacitadas.
Se queredes aprender a canción tendo de mestra ao propio Guadi galego tedes este video didáctico na presentación da canción na Universidade de Vigo.
VideoClip Oficial en Youtube do grupo GUADI GALEGO |
|||
O video do Proxecto Equaliter coordinado polo CEIP de Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín onde colaboraron numerosos centros de Lugo e da Terra Chá. Máis de 30 centros educativos elaboramos murais co paxaro de twiter onde colgábamos os nosos tuits Cada centro enviou dúas imaxes representativas e xurdiu este fermoso video de concienciación. Parabéns compañeiras e compañeiros docentes, discentes... A violencia de xénero é unha das máis devastadoras violacións dos dereitos humanos. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas levan, como sinalou o Secretario Xeral, António Guterres, ao informar acerca da situación do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable número 5, referido á igualdade da muller, no marco do informe sobre os Progresos da Axenda 2030. Algúns datos inadmisibles para tomar conciencia do alcance deste feito: a violencia contra a muller é a forma máis extrema de discriminación e, nos casos máis graves, esa violencia pode provocar a morte. Segundo datos do citado informe, referidos a 87 países e colleitados entre 2005 e 2016, o 19% das mulleres de entre 15 e 49 anos de idade dixeron que experimentaran violencia física ou sexual, ou ambas, a mans da súa parella nos 12 meses anteriores a ser preguntadas sobre este asunto. En 2012, case a metade das mulleres vítimas dun homicidio intencional en todo o mundo foron asasinadas pola súa parella ou un familiar, en comparación co 6% dos homes. Outro caso extremo de violencia é a ablación. Desde o ano 2000, a práctica tradicional nociva da mutilación feminina diminuíu nun 24%. Con todo, a prevalencia segue sendo elevada nalgúns dos 30 países que dispoñen de datos representativos, e nos que, segundo datos de enquisas realizadas ao redor de 2015, máis de 1 de cada 3 nenas de idades comprendidas entre os 15 e os 19 anos sufriran esa práctica, en comparación con case 1 de cada 2 nenas ao redor de 2000. Ademais, apenas a metade das mulleres de entre 15 e 49 anos (un 52%) que están casadas ou viven en parella toman as súas propias decisións en materia de relacións sexuais consentidas, usan anticonceptivos e acoden aos servizos de saúde. Esa estatística baséase en datos dispoñibles ao redor de 2012 sobre 45 países, 43 deles de rexións en desenvolvemento. Así mesmo, a violencia contra a muller se exacerba nos conflitos armados. En cambio, a igualdade de xénero axuda a evitar conflitos, a pesar do cal as medidas en pos dunha maior inclusión, liderado e protección das mulleres nas tarefas da consolidación da paz seguen sendo insuficientes e, nalgúns lugares, mesmo se produciron retrocesos neste sentido, segundo un recente artigo de Onu-Mulleres, a axencia das Nacións Unidas defensora de mulleres e nenas. Tomado e traducido directamente de http://www.un.org/es/events/endviolenceday/. Cartaz deseñado polo equipo ENDL e TIC do cole
|
|||
|
|||
NOTA INFORMATIVA MAGOSTO TRADICIONAL 2017 NO CEIP ANTONIO INSUA BERMÚDEZ Co gallo da celebración do Magosto 2017, no CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba, os equipos de Normalización, Extraescolares e Complementarias e o equipo de Biblioteca, con Leolandra, organizarán o próximo venres 10 de novembro un MAGOSTO TRADICIONAL. Solicitamos ás familias colaboración na loxística de dous temas:
O venres 10 de novembro de 2017 probaremos as castañas asadas no recreo, logo de asalas a lume lento. Na web e na conta de facebook do centro subiremos; a nota, a nova en tv. Faremos reportaxe fotográfica e filme do evento que estarán dispoñibles solo na web do centro. Grazas pola vosa colaboración.
|
|||
O Martes 31 de outubro coincidindo co día propio do SAMAÍN, celebraremos a festa Celta do fin da estación. Nos días previos decoraremos o colexio con morcegos, meigas, gatos, portas terroríficas e unha entrada ambientada xunto coa Biblioteca especialmente arrepiante. No fin de semana previo atopade cabazas fermosas, baleirádeas e tallade obras mestras, lembrade que co recheo que sacáchedes podedes aproveitalo para fines diversos. O luns 30 e o martes 31 traédeas ao cole, faremos a tradicional exposición de cabazas. O día 31 vide disfrazados de cousas arrepiantes, lembrade que ese día os mortos teñen permiso para visitar aos deste lado desde o alén. Durmide ben, non teñades pesadelos JuaaJuuuuuuuJuaaaaaaa!
RECURSOS PARA TRABALLAR O SAMAIN: WEB MIX de PATRICIA PENA |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »