Blogues

Semana polo clima

Xa rematou a Semana polo Clima e aquí vos ensinamos un vídeo con todas as actividades que realizamos. Todo isto nos serve para concienciarnos sobre o coidado do planeta e a pequena escala, da nosa contorna. Estamos convencidos de que ninguén vai volver tirar nada no chan. Sorriso

 

 

 

 

Semana para o clima

 

Estamos a tope coa proposta de Teachers for future Spain e aínda que modificamos un pouco o seu, estamos moi convencidos de que temos que botarlle unha man ao planeta, porque isto tamén é cousa nosa!

 

 

Invitámosvos a ler este manifesto (preme aquí) por se todavía dubidades da gravidade do asunto.

6º Primaria

5º Primaria

4º Primaria

3º Primaria

2º Primaria

1º primaria

REVISTA A PRAVIA Nº 66

CEIP “A. Insua Bermúdez” edita un novo número da revista escolar A PRAVIA, coincidindo co mes das Letras Galega, que fai o número 66.

Os principais temas que aparecen na mesma son: un traballo sobrea persoa homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, o escritor Xosé Filgueira Val-verde, que inclúe pasatempos, cómic e un traballo sobre a súa vida e obra; unha entrevista a Mª del Mar Anllo Yáñez, que realiza as tarefas de conserxería e limpeza no noso Colexio; unha ampla reseña do XVII Certame Benjamín Paz; os traballos das aulas; as noticias do Cole; os nosos murais; a páxina de ANPA; dúas páxinas do Departamento de Orientación do Centro; traballos de investigación sobre a contaminación e as árbores máis vellas e as máis novas; un amplo apartado destinado ás noticias do cole; o apartado de recensións de libros lidos por membros do equipo de redacción, e a homenaxe por xubilación de dous profesores do Colexio: Senén Montero, titor de 6ºA, e Tomás Silva, de 4ºA.

A revista repártese gratuítamente a tódolos membros da comunidade educativa, aos centros educativos da bisbarra, ás institucións e aos organismos públicos, asociacións culturais, medios de comunicacións, etc.

 
Distribuir contido