INFORMACIÓN

O NOSO CONCELLO

 

OROGRAFÍA:

Ten una superficie de 124 kilómetros cadrados, nos cales reside unha poboación de 5.000 habitantes aproximadamente, repartidos en 14 parroquias, con unha densidade de poboación de 41 habitantes por kilómetro cadrado,esta bañado polos Rios; Tea, Alen, Xabriña, Azal, Pequeno, e outros máis pequenos que son afuentes destes. Tratase dun Concello moi montañoso, pois a maioría das súas terras forman parte da serra do Suído. Na  parte baixa o Río Tea forma un Val no que se cultivan uns sabrosos viños do Condado. O Concello de Covelo forma parte da Comarca do Paradanta xunto cos concellos de Crecente, Arbo e Cañiza.

QUE VER:

O Cruceiro da Mestre Cerviño na praza do pobo,A praía flivial e o Camping na parroquia de maceira ,OsChozos ,e mirador do Faro na Serra do suído,O nacemento do Río Tea, O Aserradero hidráulico dos Carranos ,As Capelas da Guía ,San Xóan e Xestosa,Os viñedos e Casteláns e Barcia de Mera,As casas de turismo rural de Fofe,Prado e Godóns,A s rectorais de Barcia de Mera e Santa Mariña,As Carballeira en varias parroquias e todo un sin fin de contrastes naturais.

SERVIZOS:

Casa do Concello,Cuartel da Garda Civil,Dous Centros Médicos,Dúas Farmacias,un Pabillón,un Auditorio ,Unha Piscina,Varias pistas Polideportivas,Casas de Cultura,Un Centro de Infantil e Primaría co Primeiro Ciclo da Eso,Un Supermercado,varias tendas,distintos bares e restaurantes onde se poden degustar uns sabrosos pratos da zona ,unha Empresa de transformación de carnes,unha gasoliñeira ,unha residencia Xeriatrica etc.

HISTORIA:

O hoxe en día termo municipal de Covelo, nos tempos do antigo réxime, pertencía á provincia de Tui, unha das sete históricas do reino de Galicia. Promulgado o Decreto de Cortes do 27 de Xaneiro de 1.822, pasa a formar parte da nova provincia de Vigo, quedando definitivamente integrada na provincia de Pontevedra, segundo Real Decreto do 30 de Novembro de 1833. O terreo que agora constitúe o termo municipal de Covelo, estaba dividido entre as xurisdicións de Achas, Covelo e Sobroso, que dependían dos Señoríos do Conde de Salvaterra e o Conde de Amarante. Como nota anecdótica, subliñar cos antigos procuradores de Covelo gozaban do privilexio de non descubrir a cabeza durante as sesións xudiciais. Nos arquivos hai testemuña da importancia histórica deste municipio, que foi un dous máis fortes e prestixiosos de antano. As súas parroquias dependen eclesiasticamente da diocese de Tui-Vigo.